Campionato Galego de Inverno 2018 en Barra de Miño
Onte celebrouse en Barra de Miño o Campionato Galego de Inverno sobre 5000 metros en embarcacións dobres para as categorías xuvenil, senior e veteranos; onde os tudenses Aaron Diéguez e Sebastián Delgado dominaron a proba no K2-Senior masculino, por diante da parella vilaboesa de Antonio Palmas e Brais Sánchez e a de Iago Monteagudo e Adrián García do Naval de Pontevedra.
No C2-Senior, os lideres foron Diego Romero e Tono Campos do Breogán do Grove, seguidos dos seus compañeiros de clube Adrián Fernández e Miguel Fernández; a terceira posición resultou para José Luís Bouza e Brais Casás do Kayak Tudense.
O K2-Senior feminino tivo como gañadoras a Tania Fernández e Lara Feijoo do Kayak Tudense, seguido dos dous K2 de As Torres de Catoira nos que na segunda posición estarían Raquel Dacosta e Fátima Ordóñez e terceiras sería a parella de Rebecca Laurijssen e Antía Santiago. Namentres, no C2-Senior feminino, a vencedora e única participante da carreira sería para a canoa do Club Escola Piragüismo Poio, formada por Carla Sieiro e Nerea Gondar.
Nas diferentes metacategorías, o club vencedor dos xuvenís masculinos foi Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro; namentres que na feminina o líder foi o Naval de Pontevedra. Na metacategoría senior masculina, o primeiro club foi o Kayak Tudense, mentres que o vencedor na feminina foi o Club As Torres-Romería Vikinga de Catoira. Na categoría de veteranos, o vencedor foi o Grupo Xuvenil – Matojoma mentres que os primeiros nas veteranas femininas foi o Club de Mar Ría de Aldán.