A revista

A Contra Vento nace como unha revista dixital de información deportiva centrada no piragüismo en Galicia, coa intención de ofrecer unha voz máis para este deporte, tan alleo aos medios de comunicación.

A web inclúe noticias sobre competicións, entrevistas e outros eventos relacionados co piragüismo en Galicia, así como a nivel estatal e internacional, especialmente nos que participan deportistas galegos.

Detrás de A Contra Vento está Miguel Suárez, piragüista de A Illa de Arousa e graduado en Xornalismo.

Leave a Reply