O Campionato de España de Inverno 2018 bate récord de participación
Este fin de semana tivo lugar o XLIX Campionato de España de Inverno en Sevilla, no que participaron un total de 114 equipos, entre os que os clubes galegos sumaron un total do 26%.
Mentres o sábado se dedicou ás eliminarias de 2000 e as finais de 5000 das categorías de veteranos. A xornada sufriu episodios de vento e olas que causaron o aprazamento de algunhas finais para o día de hoxe, no que as condicións climatolóxicas foron máis favorables. Mentres que as eliminatorias do K1 Senior Masculino foron lideradas polo talaverano Paco Cubelos cun gran tempo de 7:25,43, a 2ª e 3ª posición foron para Rubén Millán rexistrando un tempo de 7:31,10 e Javier Hernánz rexistrando o mesmo tempo que o tudense. A victoria do C1 Senior foi para o madrileño palista do Breogán, Noel Domínguez, quen a pesar de que este ano se inaugurou a categoría sub23, decidiu padexar na categoría absoluta; na eliminatoria, en segunda posición foi para David Fdez. Marqués dos Gorilas de Candás e o terceiro posto foi para Diego Romero, tamén do Breogán. Na categoría feminina senior, a victoria foi para Laia Pelachs do Club Natación Banyoles, seguida da zamorana Laura Pedruelo do Club Hotel Convento e de Begoña Lazkano, do Donostia K.E. Na clasificatoria da canoa feminina, a debutante na modalidade, María Corbera, do Piragüismo Aranjuez, acadou a victoria facendo mellor tempo que Belén Díaz do Piragüismo Badajoz e Antía Jácome do Ciudad de Pontevedra.
A xornada de hoxe foi o turno das finais de 5000 nas categorias senior, sub23 e junior. Na primeira volta de 3 km do C1 Senior masculino a cabeza estaba formada polos breoganistas Diego Romero, Tono Campos e Noel Domínguez, xunto con David Fernández de Candás, Adrián Sieiro e Sergio Vallejo do Piragüismo Poio, Manu Garrido e Brais Casás do Kayak Tudense, non obstante antes de chegar á ciaboga dos 3000, Diego e Tono descolgaron ao grupo deixando a David Fernández en terra de nadie e perseguido por Domínguez, Garrido e Sieiro. O sprint final do 5000 resolveu a victoria para Campos, deixando a Romero en segunda posición. Namentres a terceira posición foi para Noel Domínguez, seguido de Manu Garrido e David Fernández.
Na canoa feminina, a finalista vencedora foi María Corbera de Aranjuez, con máis de 30 segundos de diferencia de Patricia Coco do Club Deportivo Cisne, que obtería a medalla de prata e de Antía Jácome do Ciudad de Pontevedra.
O K1 Senior feminino arrancou cunha forte saída que colocou a Begoña Lazkano e Laia Pelachs liderando a cabeza da carreira. Non obstante no primeiro largo de 1500 metros se incorporaron á cabeza a lucense palista do Kayak Tudense, Tania Fernández, Eva Barrios do Club Deportivo Durius Tecozam, Alicia Heredia do RCN de Palma, Natalia García do Breogán, Laura Pedruelo do Duero – Zamora e Isabel Contreras dos Delfines de Ceuta. Chegados ao final da carreira, Lazkano fixo un forte sprint ata liderar o campionato, seguida de Barrios e Pedruelo. Un pouco máis rezagadas chegaron á meta Fernández e Pelachs.
Como habitualmente, o K1 Senior masculino foi un espectáculo, o liderazgo estaba formado por un grupo enorme liderado por Paco Cubelos, encabezando aos palistas Javi Hernánz, Pedro Vázquez, Rubén Millán, Roi Rodríguez, Emilio Llamedo, Íñigo Peña e Óscar Carrera. Este gran grupo continuou agrupado case toda a carreira ata que no último largo un sprint final resolveu a victoria para Hernánz, diante de Cubelos e Peña.
O Club Piragüismo Aranjuez sería o clube vencedor na clasificación xeral, por diante do Club Kayak Tudense en segunda posición, e o Club Náutico de Sevilla, en terceira. Os seguintes clubes galegos na clasificación estatal, serían As Torres de Catoira, sextos, e o Club CMDC Breogán do Grove, séptimos.
