Cambados vence na casa na regata Kayak de Mar

A segunda regata da Liga Galega de Kayak de Mar realizouse en Cambados.

A carreira, cambiando o circuíto do ano pasado realizando un con salida dende o Porto de Santo Tomé, ciaboga en Baixo Orido cara a Illa da Toxa e xiro de novo nas súas inmediacións de novo cara Santo Tomé, cunha distancia de 5000 metros por volta. As categorías senior e xuvenil realizaban dúas voltas  mentres que as categorías cadetes e SUP realizaban unha. 

A victoria no K2-Sprinter, e a victoria absoluta, foi para Jesús Rguez. León e Bernardo Sánchez do Fluvial O Barco; seguidos de Borja e Aitor López Berciano do Piragüismo Olívico e con Julio Fontán e Iván Benavente do Naval de Pontevedra pechando o podio. No Sprinter individual a victoria foi para Artur Martins do Sporting Club Portugal, seguido de Jacobo García do Ciudad de Pontevedra e o terceiro foi Miguel Ángel Pérez do Piragüismo Cambados. Na embarcación tradicional o vencedor foi Alfonso Rivas do Naval de Pontevedra, mentres que a prata foi para Fernando Ansedes do Piragüismo Narón e o bronce para Hector Rivas do Olívico. O K2 Mixto Sprinter tivo como vencedores á parella canguesa de María Pérez Rial e David Vilariño do Club de Mar Ría de Aldán, seguidos de Rosa María Barros e José Eduardo Collazo do Náutico de Cobres, e a terceira posición foi para os arousáns Gloria Silva e Andro Durán do Piragüismo Illa de Arousa. Na categoría feminina senior non se realizou a carreira de embarcación dobre, pero no K1 Sprinter a victoria foi para María del Palacio do Olívico seguida de Bruna Nickelle do Piragüismo Cambados e de María Evangelina Vázquez, tamén do mesmo clube. Na nova modalidade do 2018, a embarcación OC1, o vencedor foi Jesús Perez Rial “Perucho”, do Club de Piragüismo Aldán, seguido de Bruno Miguel Martins do Náutico de Fao e de Silvestre Besada do Piragüismo Cambados. No SUP, o vencedor foi Carlos Besada do C.N. Portonovo, por diante de Carlos Alberto Vázquez da Agrupación Deportiva Rías Altas e de Francisco Rodríguez, tamén do Rías Altas.

A nivel de clubes, o equipo gañador foi o club local de Cambados, seguido do Club Piragüismo Olívico en segunda posición e o Club de Mar Ría de Aldán, en terceira.