Tres novas medallas no Campionato de Europa de Montemor

A primeira final de hoxe foi o C1 sobre 500 metros, no que o ribereño Daniel Grijalba foi quinto nun medio kilómetro liderado polo checo Martin Fuksa. A primeira medalla veu da man do brigantino Carlos Arévalo, que foi ouro no K1 sobre 200 metros, rexistrando 34.103 segundos. O C2 de Moreno e Yarchevska volveu a acadar medalla, nesta vez, cun bronce sobre os 500 m. A derradeira medalla do campionato veu da man do vilanovés Manuel Fontán e o madrileño Diego Domínguez, que foron prata no C2 sobre 500 metros, por detrás dos rusos Zakhar Petrov e Ivan Shtyl. No K2 feminino sobre os 500, as finalistas foron a pontevedresa Carolina García e a irundarra Nerea García, que foron oitavas nunha carreira liderada pola embarcación alemana.

Nos 5000 metros, a primeira carreira foi a do C1 feminino, no que a sevillana Ana Cantero foi séptima, a 46.869 segundos da campiona, a húngara Zsofia Csorba. No C1 masculino, Jaime Duro quedouse ás portas do podio; por detrás do moldavo Tarnovschi, o húngaro Adolf e o polaco Glazunow. A emeritense Estefanía Fernández, no K1 feminino, foi séptima, a 55.372 s. de diferencia da campiona, a húngara Kohalmi. No K1 masculino, o asturiano Alberto Llera, ocupou a oitava posición, nunha regata liderada polo portugués Fernando Pimenta.

A selección finaliza o europeo en terceira posición, con tres ouros, catro pratas e un bronce. Tan só superada pola imbatible Hungría e por Ucraína.