A selección arranca o Mundial de Poznań con dúas pratas

Hoxe tivo lugar a primeira xornada de finais do Campionato do Mundo de Sprint en Poznań, na que todos os padexeiros nacionais clasificaronse á final A.

A primeira final foi a do K4 femenino sobre 500 metros, no que os seguidores tiñamos os ollos postos na embarcación liderada por Sara Ouzande, acompañada por Lucía Val, Daniela García Heredia e Bárbara Pardo. Trala salida puxéronse en posicións de cabeza batíndose contra o K4 de China, quenes tralos 200 m foron afinandose ata manter un liderazgo claro; o K4 alemán foi collendo terreo ás españolas. Finalmente unha vez alcanzada a meta tívose que comprobar o resultado mediante foto-finish, o equipo español finalizaron segundas rexistrando un tempo de 1:39.92, dúas centésimas por diante da embarcación alemana.

A seguinte final foi a do K4 masculino, tamén sobre 500 m. A formación estaba composta por Adrián del Río, Carlos Arévalo, Rodrigo Germade e Marcus Cooper, quen sustituía a Alex Graneri, do K4 oficial do 2025. Tras unha gran eliminatoria que lideraron anteonte, na que resultaron gañadores, o K4 cruzou os 250 m. na oitava posición, o mesmo lugar no que finalizarían a súa carreira. O equipo alemán formado por Randschmidt, Lemke, Schopf e Liebscher-Lucz foron os campións.

Ás 15:18 tivo lugar a final do C2 feminino sobre 500 m., na que a representación española estaría nas mans de Angels Moreno e Viktoria Yarchevska, de só 22 e 21 anos. A parella, despois de ir en terceira posición nos 250, finalizou en quinta. A parella alemana de Carlotta Loske e Maike Jakob foron as campionas, quenes foron liderando toda a carreira.

Os mil metros comezaron co C1 masculino, no que o pontevedrés Pablo Crespo sería o representante nacional. Despois dunha forte arrancada que o puxo na terceira posición nos 250, empezou a perder posicións nos 500 e 750, pero nos últimos metros sprintou ata finalizar en sexta posición. A victoria foi para o checho Martin Fuksa. Os 1000 metros no K1 feminino estiveron nas mans da banyolina Laia Pèlachs, quen tivo unha boa arrancada na que cruzou os 250 na terceira posición, despois foi subindo ritmo ata a segunda posición, na que se mantivo toda a carreira. Laia acadou a medalla de prata mentres que o ouro foi para a húngara Zsoka Csikos. A derradeira final da xornada foi a do C1 masculino sobre 200 metros, no que o cangués Pablo Graña foi quinto a 0.56 s. do vencedor, o polaco Oleksii Koliadych.