Dúas novas medallas no Mundial de Poznań 2026
No campionato do mundo de sprint celebrado en Poznań, a primeira final con participación española foi o K1 200, na que o brigantino Carlos Arévalo acadou a terceira posición nunha carreira liderada polo italiano Andrea Domenico Di Liberto, a 0,83 do galego.
A seguinte categoría foi o C2 feminino sobre 200 m. no que a valenciana Angels Moreno e a ucraniana residente en Murcia, Viktoria Yarchevska, finalizaron cuartas (a 0.32 s. do podio). As campionas nesta categoría foron as bielorrusas Yuliya Trushina e Inna Nedelkina, palistas baixo a bandeira de AIN (Atleta Neutral Individual).
O C4 do sevillanos Cayetano García e Pablo Martínez, o vilanovés Manuel Fontán e o madrileño Diego Dominguez acadaron un bronce nos 500 metros, nunha carreira na que o vencedor foi a embarcación húngara.
