A selección acada cinco medallas na primeira xornada de finais do Europeo

Este fin de semana estase desputando o Campionato de Europa de Sprint na vila portuguesa de Montemor-O-Velho. O primeiro finalista de hoxe foi o talaverano Paco Cubelos no K1 1000 metros, quen cruzou a línea de meta en oitava posición; nunha carreira que tivo ao bielorruso Uladzislau Kravets como vencedor. O C1 na mesma distancia, o finalista foi o pontevedrés Pablo Crespo, que foi noveno nunha carreira liderada polo checo Martin Fuksa. No C1 feminino sobre 200 metros, a pontevedresa Antía Jácome foi quinta nunha proba liderada pola oito veces campiona do Mundo, a ucraína Liudmyla Luzan.

A primeira medalla veu da man do cangués Pablo Graña, que no C1 sobre os 200 metros, foi prata, a tan so 0.075 s. do ruso Sergey Svinarev. A seguinte medalla acadouse na seguinte carreira, o K4 sobre 500 m. A embarcación nacional estaba tripulada por Carlos Arévalo, Rodrigo Germade, Marcus Copper e Adrián del Río; que finalizou en segunda posición por detrás do K4 húngaro e empatado co K4 alemán. Na seguinte carreira, acadaríase o escalón máis alto do podio, xa que o K4 formado polas asturianas Sara Ouzande e Lucía Val, a onubense Daniela García e a antellense Bárbara Pardo, foron primeiras nos 500 metros. Unha nova prata viría da man do C2 da mallorquina Angels Moreno e a murciana Viktoria Yarchevska, que foron prata no C2 200.

A maliaya Sara Ouzande, volveu a competir no K1 200 metros, no que foi novena, nunha carreira na que a gañadora foi a danesa Frederikke Moercke. No K1 feminino sobre 1000 metros, a representante da selección foi a banyolina Laia Pèlachs, quen foi quinta nun kilómetro liderado pola húngara Emese Kohalmi. O C4 mixto tripulado por Antía Jácome, Viktoria Yarchevska, vilanovés Manuel Fontán, o madrileño Diego Domínguez, acadou unha segunda medalla de ouro nos 500 metros.

Con estes dous ouros e tres pratas, a selección española está en primeira posición no europeo, por diante de Hungría e Ucraína.