Copa de España de Maratón e Selectivo en Pontevedra
Este fin de semana, nas augas do río Lérez, disputouse a II Copa de España de Maratón, evento no que se celebraría o Campionato Galego de Maratón e o selectivo para o Campionato de Europa que se disputará en Metković (Croacia) en Xullo, no que se otorgarían dúas prazas por categoría.
Con saída dende o ponte dos tirantes e ciaboga nas cercanías da ponte do tren, a xornada do sábado foi o turno das competicións das categorías individuales. Na categoría absoluta do K1 feminino, a zamorana Eva Barrios Marcos (Club Deportivo Durius Tecozam) impuxose na súa carreira de sete voltas ante a iruindarra Amaia Osaba, do Piragüismo Pamplona, cunha diferencia de minuto e medio, e da banyolina Aurora Figueras, 12 segundos detrás da subcampiona. Con este resultado Barrios e Osaba serían as elixidas para a cita croata. No C1 Senior, a cabeza da regata sería formada polos breoganistas Tono Campos e Diego Romero, quenes se impuxeron durante toda a carreira ata a meta, na que non houbo sprint final, e proclamándose Romero como vencedor, e Campos en segunda posición, tendo os dous praza para Metković. A terceira posición estivo ocupada polo tudense Manuel Garrido en prácticamente toda a carreira, non obstante o seu retiro nos últimos kilómetros a terceira posición e medalla de bronce pasou ás mans de Pedro Areal, do Club Piragüismo Pamplona. Finalmente, no K1 masculino na categoría absoluta, as prazas non estiveron nada claras, xa que foron disputadas por Jaime Sobrado (Ría de Pontevedra), Albert Corominas (Natació Banyoles), Alejandro Sánchez (CDAD Zamora), Andrés del Teso (CD Durius Tecozam) Jose Julian Becerro (Club Jaire Aventura – Los Rápidos), Miguel Llorens e Kiko Vega (SCD Ribadesella). Nunha carreira na que o liderazgo non estivo claro ata o final da carreira, que tivo como campión ó banyolino Corominas, mentres que en segunda posición entraría Miguel Lloréns, pero que tras unha penalización de tempo pasou á terceira posición, trasladando o subcampionado para o seguinte en entrar na meta, José Julian Becerro.
O domingo pola mañá sería o turno das embarcacións dobres. O K2 Senior feminino, tería como principais rivais á dupra da lucense palista do Kayak Tudense, Tania Fernández, que faría equipo coa grovense Tania Álvarez Yates, do Breogán do Grove fronte ás incansables Eva Barrios e Amaia Osaba, que formarían un K2 tras acabar en primeira e segunda posición no K1 o día anterior. Os dous K2 padexaron en cabeza tralas persecutoras, as irmás Ainhoa e Nerea Hidalgo do Club Piragüismo Pamplona. O resultado deu como victoria para Fernández e Álvarez, a tan só uns metros de Barrios e Osaba, quenes acadarían a praza na segunda posición. O C2 Senior tivo en cabeza ás tres parellas do Breogán do Grove, entre as que competiu unha dupra novidosa, Diego Romero fixo equipo con Óscar Graña, que ano pasado despediu ao seu compañeiro, Ramón Ferro, co que conseguira 12 metais en campionatos do mundo, trala retirada do arousán. As dúas primeiras posicións resolveríanse nun sprint final que tivo como vencedores ao C2 de Tono Campos e Jose Manuel Sánchez, un segundo por diante de Romero e Graña. Do mesmo xeito do sucedido no K1, o K2 masculino tivo unha difícil resolución para a victoria, nunha disputa entre a parella do asturiano Emilio Llamedo, do Kayak Tudense e o pontevedrés Álvaro Fdez. Fiuza, do Oviedo Kayak (quen deixou ao seu compañeiro mundialista Walter Bouzán, trala súa retirada na elite mundial), fronte aos K2 de Miguel Lloréns e Luis Amado Pérez (SCD Ribadesella), Jose Julian Becerro e Miguel Fdez. Castañón (Club Jaire Aventura – Los Rápidos), Adrián Martín e David Rodríguez (CE Piragüismo Aranjuez), Bráis Sánchez e Antonio Palmas (Club Piragüismo Vilaboa), e dous K2 do Club Deportivo Los Cuervos, o de Javier López e Asley Rodriguez e o de Guillermo e Daniel Jesús Pérez. Despois da retirada de Emilio Llamedo e Álvaro Fernández a consecuencia dunha dor estomacal de Emilio. A victoria sería para Lloréns e Pérez, e o subcampionato e gañadores da segunda praza serían para Julian Becerro e Fdez. Castañón; na terceira posición e gañadores da medalla de bronce sería para a parella ribereña.