Aldán lidera co K2 de Tiebo e Caride e o K1 de Carlos Perucho dominan no Kayak de Mar en Vilagarcía

Onte pola mañá disputouse a III Regata da Liga Galega de Kayak de Mar en Vilagarcía, con saída nas inmediacións do porto deportivo, con paso por Cortegada ciaboga en Vilaxoán e volta cara o Porto de Vilagarcía.

A xornada comezou cun lixeiro oleaxe que a pesar de ser tranquilo, afectou aos palistas en tódolos ángulos. A primeira saída deuse para tódalas categorías a excepción dos cadetes e os Stand Up Paddle. Os primeiros en chegar á línea de meta foron os padexeiros do K2 Veterano do Club de Mar Ría de Aldán, Rodrigo Tiebo e David Caride, a tan só 4 segundos do K1 de Carlos Pérez Rial, que venceu cunha diferencia de tamén 4 segundos ao primer K2 Senior Sprinter de Manuel Becerra e Ion Carballo do Naval de Pontevedra. Nunha categoría na que estarían diante do K2 lucenses de Carlos Álvarez e Francisco Vázquez e de Borja e Aitor López Berciano do Piragüismo Olívico. En segunda posición no K1 e tan solo por detrás dos K2 Senior medallistas, entrou en meta Breogán Monteagudo do Naval de Pontevedra; por diante de Jose Antonio Giron do Fluvial O Barco. No K1 Senior Feminino, a gañadora sería María del Palacio do Piragüismo Olívico, por diante de Bruna Nikelle do Piragüismo Cambados e María Hermida do Ría de Aldán. No K2 mixto os vencedores serían os habituais líderes: María Pérez e David Vilariño do Ría de Aldán, seguidos de Gloria Silva e Andro Durán da Illa de Arousa e de Carmela Menduiña e Alberto Mariño, tamen do Ría de Aldán. No K1 Tradicional, o vencedor sería Alfonso Rivas do Naval de Pontevedra, seguido de Adrián Vázquez do Piragüismo Rianxo-Toffe e Hector Rivas do Olívico. Namentres na categoría de Outrigger Canoe individual, Jesús Pérez Rial do Piragüismo Aldán sería quen mentería o liderazgo, fronte a Carlos Cañón do Club de Piragüismo Illa de Arousa en segunda posición e Silvestre Besada de Cambados, en terceira.

Na categoría SUP, cunha distancia menor, o vencedor foi Carlos Besada do Náutico de Portonovo, mentres que o segundo clasificado sería Carlos Alberto Vázquez da Agrupación Deportiva Rías Altas e Francisco Rodríguez, tamén da A.D. Rías Altas.

A nivel de clubes, o vencedor sería o Club Ría de Aldán – Hermanos Gandón, seguido do Club Piragüismo Cambados e o Club Piraguismo Olívico.