Entrevista a Tania Fernández
Fai un mes en Pontevedra, a palista lucense Tania Fernández proclamouse campiona na II Copa de España de Maratón coa breoganista Tania Álvarez. A victoria deste K2 deulle paso á participación no Campionato de Europa de Maratón, que se disputará na localidade croata de Metković en Xullo.
A Contra Vento: Hoxe falamos con ela. Bos días Tania, encantado de que nos concedas esta entrevista a A Contra Vento.
Tania Fernández: Bos días, encantada eu de atendervos.
ACV: ¿Esperabas acadar este resultado?
T.F: Bueno, a intención de montar este K2 era intentar conseguir unha das dúas prazas que se xogaban para asistir ó Campionato de Europa. Sí que é certo que o obxetivo era gañar pero sabíamos que non ía ser doado e que había outros K2 fortes para a disputa desas prazas.
ACV: ¿Cando decidíchedes facer K2 Tania Álvarez e ti?
T.F: A finais do ano pasado Tania e o seu adestrador comentáronme a posibilidade de montar K2 de maratón este ano. Naquel momento eu aínda non sabía como plantexaría esta tempada e non concretamos nada. Polo que non foi ata pasada a Copa 1000 desta tempada que nos decidimos a facelo.
ACV: No centro de tecnificación perparábades principalmente a pista, terreno no que destacabas nacionalmente. No teu último ano da categoría xuvenil ou nos teus primeiros anos de senior, ¿contabas con que aos 26 anos foses unha das seleccionadas para unha competición internacional de maratón?
T.F: O maratón sempre foi unha modalidade que me gustou pero por incopatibilidade co calendario de pista sempre quedou nun segundo plano. Sen embargo xa puiden disfrutar de dúas internacionalidades co equipo de maratón de xuvenil e no meu primeiro ano de sub23. Pero sí que é certo que agora xa levaba 6 anos sen participar en ningunha proba de maratón.
ACV: A finais do ano pasado realizaches unha fichaxe polo Kayak Tudense, unha época habitualmente tardía para deixar o club da túa vila. ¿Cales foron as motivacións?
T.F: Bueno, tras a xubilación do que era o adestrador e director técnico do Club Fluvial de Luga dende facía 35 anos, ocurriron unha serie de sucesos nos que non me quero meter pero que conlevaron enganos e incluso represalias contra algúns dos compañeiros que mostraron o seu desacordo coa situación. Polo tanto, considerei que non era un ambiente san, sobre todo por ser no que foi a miña casa durante 17 anos. Por este motivo decidín cambiar de aires e qué mellor que o Club Kayak Tudense, onde teño amigas de toda a vida e onde o traballo a nivel de clube é extraordinario. Teño tódalas facilidades posibles para poder seguir disfrutando do meu deporte e un gran grupo de traballo de compañeiros como de técnicos.
ACV: Remataches a carreira de fisioterapia, ¿actualmente estás nalgún proxecto ao respecto ou tes algunha outra ocupación?
T.F: Actualmente estou traballando como fisioterapeuta na clínica Sinerxia aquí en Tui. Teño unha serie de proxectos futuros pero polo de agora o que me interesa e seguir formándome como fisioterapeuta e seguir aumentando a miña experiencia profesional á vez que o compaxino co deporte.
ACV: Para concluir, quería sinalar que os que vos animábamos en Pontevedra, aforrábamos palabras coas voces de “Vamos Tanias!”. ¿A relación das dúas Tanias é tan boa como o voso nivel no campo de regatas?
T.F: Por suposto! Xa nos coñecemos de fai anos do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Os anos que se pasan alí son unha etapa trascendental que é a adolescencia, e son 24 horas ó día as que pasas cos teus compañeiros. Por iso creo que as amizades que se fan alí dentro son especiais e no noso caso tivemos a sorte de coincidir naquela época un moi bo grupo de compañeiras de adestramentos e sobretodo de amigas.
ACV: Moita sorte no Europeo e moitas gracias por concedernos o teu tempo.
T.F: Moitas gracias a vós e gracias por axudar á difusión do noso deporte.