Campionato do Mundo de Maratón – Sábado
A xornada do sábado celebraría as carreiras das categorías individuais da categoría senior.
A xornada comezaría co C1 feminino ás 08,15. A regata comezou con 5 palistas no grupo de cabeza, e Jenifer Casal no grupo perseguidor. As palista ucraniana separouse do grupo de cabeza e mantívose como líder durante toda a carreira, proclamándose como campiona á ucraniana Liudmyla Babak, en segunda posición a china Caiyun Xin e coa medalla de bronce a húngara Zsofia Kisban, que foron xuntas a maioría da carreira. A pontevedresa Jenifer Casal acadou a sexta posición, con bastante marxe por diante do grupo perseguidor. Namentres, a outra pontevedresa Raquel Rodríguez, finalizou en 11ª posición.
A continuación tería lugar o C1 masculino, onde participaron o grovense e vixente campión do Mundo, Tono Campos, e o tudense, e subcampión no 2018, Manu Garrido. Tras unha salida que puxo aos dous palistas galegos en cabeza, xunto co C1 checo, o C1 polaco e o C1 croata. Unha vez pasados os 100 m. da saída, o ruso Kirill Shamshurin, entrou na cabeza dende o exterior, molestando aos palistas galegos, polo que Manu Garrido tivo que retroceder varias posicións; namentres, Campos mantívose nas primeiras posicións. Pasados os 10 minutos de carreira, o tres que formaban a cabeza de lista serían Campos, o ruso Shamshurin e o checo Brezina, líderes que foron perseguidos por Garrido, o polaco Wiktor Glazunow e o croata Bruno Kumpez, con 100 metros de diferencia. Pasados os 40 minutos de carreira, Garrido separouse do seu grupo, en cuarta posición perseguiu el solo á cabeza de carreira. A cabeza continuou cos mesmos tres palistas ata a última volta, no seu lugar, o complexo avanze en solitario de Garrido fixo que éste fose alcanzado polos canoístas polaco e croata. Finalmente, a victoria de novo foi a parar para Tono Capos, acadando o seu cuarto ouro mundial e a súa 18ª medalla mundial. Manu Garrido, recortando distancias coa cabeza da carreira, finalizando en 4ª posición.
O K1 feminino tiña como competidoras españolas á zamorana Eva Barrios e á banyolesa Aurora Figueras. Ao longo da regata, estivo lideradas polas húngara Zsofia Czellai-Voros e Vanda Kiszli, a irlandesa Jennifer Egan e a británica Lizzie Broughton, que estarían xuntas ao longo das 7 voltas. A victoria resultou ser para a húngara Kiszli, seguido da súa compañeira Czellia-Voros e a británica Broughton con medalla de bronce. Barrios, que se mantivo no grupo perseguidor, finalizou en sexta posición e Figueras foi 13ª.
O K1 masculino os competidores da selección serían o riosellano Miguel Lloréns e o tudense Iván Alonso, medallista entre o 2012 e 2015 e ausente nos dous últimos campionatos do Mundo. Como é habitual nesta competición, a saida foi moi intensa e chegados os 6 minutos de carreira, o grupo de cabeza contaba con trece kaiakistas, encabezados polo sudafeicano Andrew Birkett. Pasados os 10 minutos, o primeiro grupo reduxose a 8, entre os que se encontraba Alonso, que se puxo na primeira ola pasados os 15 minutos, xunto ao francés Stephane Boulanger, no outro lado. Despois do cuarto porteo, os máis rapidos en sair foron Birkett, o portugués Jose Ramalho, o arxentino Franco Balboa e o danés Mads Pedersen, formando un novo grupo de cabeza e deixando a Alonso, ao sueco Lindberg, ao noruego Minde, ao húngaro Boros e aos franceses Boulanger e Carre nunha posición moi difícil na loita polos metales. No sprint final trala última ciaboga, o sudafricano quedouse atrás, fronte ao liderazgo de Pedersen, fronte ao que Ramalho loitou pola victoria, que non acadou coa victoria do danés. Namentres, Balboa sería terceiro. Finalmente, o tudense Iván Alonso foi 9º e Miguel Lloréns foi 13º.
Despois desta xornada, Hungría encabeza o medalleiro con 2 ouros, 2 pratas e 1 bronce, seguido de España, en segunda posición, tamén con 2 ouros, 1 prata e 1 bronce. En terceira posición continúa Ucrania. En 4ª posición está Francia e Sudáfrica en 5ª. A República Checa e China empatan en 6ª posición e empate tamén de Portugal e Serbia disputando o 8º posto. Finalmente, Dinamarca, Rusia, Gran Bretaña e Rusia empatan cun bronce cada un.
Comments are closed, but trackbacks and pingbacks are open.