Trasona acolle a primeira Copa de Sprint da temporada

Este fin de semana realizouse a primeira Copa de Sprint da liga RFEP, celebrada como de costumbre, en Trasona (Corvera de Asturias).

A primeira final na categoría senior foi o K1 feminino sobre os 1000 metros, no que a ceutí Isa Contreras (Club Delfines de Ceuta) proclamouse campiona, a 1.64 s. da banyolesa Laia Pèlachs (Club Natació Banyoles); e esta a menos de 0.20 segundos da donostiarra Begoña Lazkano (Itxas-Gain Zumaiako Urola Itsasadar Piraguismo Kluba). A canoa feminina sobre os 500 metros tivo como campiona a María José Maillard (Club Nàutic Port de Pollença), que se impuxo á madrileña María Corbera (CEP Aranjuez) e á pontevedresa Antía Jácome (actual canoísta da UCAM). Sobre a mesma distancia, o C1 masculino tivo como vencedor ao pontevedrés Adrián Sieiro (este ano nas filas do Náutico O Muíño de Ribadumia); a tan solo 3 centésima de Sieiro entrou en meta o sevillano Cayetano García (UCAM), pola súa banda, Diego Domínguez, do Breogán do Grove, foi terceiro. O K1 masculino 500 tivo como vencedor ao donostiarra Íñigo Peña (Itxas-Gain Zumaiako Urola Itsasadar Piraguismo Kluba), a 0.22 s. de Adrián del Río (CEP Aranjuez), quen finalizou a 0.50 s. do riosellano Pelayo Roza (Club Fluvial de Lugo).

A primeira final do domingo foi a do K1 masculino sobre 200 metros, que tivo como gañador ao o zamorano Carlos Garrote (Club Deportivo Durius Kayak Zamora), a 17 centésimas do brigantino Carlos Arévalo (UCAM), e a 00,69 de Adrián del Río (E.P. Aranjuez). A canoa sobre a mesma distancia tivo como vencedor ao cangués Pablo Graña (RCN Rodeira de Cangas), a tan só 2 centésimas do balear Joan Antoni Moreno (RCN Port de Pollença) e a 28 centésimas do pontevedrés Adrián Sieiro. A vitoría do K1 feminino 200 foi a da xixonesa Sara Ouzande (UCAM), que entrou en meta por diante da ceutí Isa Contreras (Delfines de Ceuta) e Elisa Zapata (CE Piragüismo Aranjuez). A canoa femenino sobre o quilómetro tivo de novo como campiona a María José Maillard, unha carreira na que repetiu María Corbera en segunda posición, e a terceira foi Valeria Oliveira (Escola Piragüismo Poio). No C2 feminino, as rapazas do Club Náutico Sevilla, Carmen Chaves e Elena Gómez foron as máis rápidas, proclamándose campionas por diante de María dels Angels Moreno e Carolina González (RCN Port de Pollença) e das pontevedresas Antía Otero e Noa Conde (Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra). A parella canoísta sobre 200 tivo como vencedores aos padexeiros Adrián Sieiro e Manuel Fontán (Club Náutico O Muíño), 76 centésimas por diante dos baleares Joan Antoni Moreno e Antoni Moreno (RCN Port de Pollença) e a 01,17 s. do mallorquino Sete Benavides e o sevillano Pablo Martínez (UCAM). O K2 feminino sobre 200 tivo como campionas á canguesa Teresa Portela e á xixonesa Sara Ouzande (UCAM), que rexistraron un tempo de 37,56 s., 34 centésimas por diante das irmás Elisa e Mercedes Zapata (CE Piragüismo Aranjuez) e a 87 centésimas das emeritenses Estefanía Fernández e Teresa Tirado (Club Iuxtanam Mérida). A vitoria do K2 masculino sobre 200 foi a de lucense Isaac Toro e o murciano Lázaro López (UCAM), con 32,69 segundos; tras eles entraron en meta Matías Valentín Otero e Albert Martí, do Club Kayak Tudense e Diego Dacosta e Carlos Pérez “Perucho”, do Club de Mar Ría de Aldán. O C2 masculino sobre 1000 m. tivo como vencedores a Noel e Diego Domínguez Martín (Breogán do Grove), por diante de Ignacio Calvo e Daniel Grijalba (CE Piragüismo Aranjuez) e de Jaime Martínez e Carlos Herrada (S.D. del Círculo Mercantil e Industrial de Sevilla). Tamén sobre o quilómetro, o K2 feminino tivo como vencedoras a Begoña Lazkano e Irati Osa do Itxas-Gain Zumaiako Urola Itsasadar Piraguismo Kluba, 22 centésimas por diante das emeritenses Estefanía Fernández e Marta Figueroa e a 75 das zamoranas Eva Barrios e Laura Pedruelo, do Club Deportivo Durius Zamora. O K2 masculino sobre a mesma distancia tivo como líderes aos padexeiros do Kayak Tudense Matías Valentín Otero e Pedro Vázquez, por diante de Ernesto Goribar e Alberto Llera (Club Deportivo Básico de Piragüismo El Sella) e de Tenta George-Mihaita e Darius Florentín Zaharia (Fluvial de Lugo). A derradeira carreira en parellas foi a do C2 feminino sobre 1000 m., que tivo como vencedoras á embarcación de María dels Angels Moreno e María Jose Mailliard, cunha importante vantaxe de 23,91 segundos sobre María Martín e Estrella Stegierski (CE Piragüismo Aranjuez) e 28,80 segundos de Loreto Macho e Marta García (Club Náutico Sevilla).

A primeira final nas embarcacións cuádruplas foi o C4 masculino sobre 1000 metros, liderada pola canoa de Aranjuez formada por Calvo, Grijalba e os irmáns González Ormarzabal; a embarcación do Breogán do Grove formada por Campos, Barreiro, Domínguez e Romero foron segundos e o equipo da SD do Círculo Mercantil e Industrial formado por Carrascal, Martínez, Sánchez e Herrada, foron terceiros. No K4 1000, os vencedores foron Adán, del Río, Martín e Muñoz, do CE Piragüismo Aranjuez, por diante do Club La Ribera Oviedo ovetenses García, Fidalgo, Bango e Fernández Fiuza. Os terceiros en cruzar a liña de meta foron os do Kayak Tudense, o equipo de Vázquez, Gastaldo, Delgado e Gorriti. A continuación tivo lugar a final do K4 feminino, na que venceu o equipo de Fernández, Tirado, Villalba e Figueroa, do Iuxtanam de Mérida, seguido polas rapazas do Santiagotarrak: García, Corral e as irmás Arsuaga Martiarena. As terceiras foron o equipo das irmás Zapata Jenaro, Cortijo e Simarro, do Piragüismo Aranjuez. A última final senior foi o C4 feminino sobre 200, que tivo como vencedoras a Royo, Stegierski e as irmás Martín Rojo, de Aranjuez; a 36 centésimas de Gómez, Macho, Diaz e García de la Borbolla, do Náutico de Sevilla. A medalla de bronce da categoría foi para o equipo formado por Conde, Couto, Otero e Simón do Ciudad de Pontevedra.

A nivel de clubes a victoria foi para o Club Escuela de Piragüismo Aranjuez, seguido do Náutico de Sevilla e a SD do Círculo Mercantil e Industrial, tamén de Sevilla. A nivel galego, os mellores foron os do Kayak Tudense, a Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra e o Náutico Firrete, en sexta, séptima e octava posición, respectivamente.