O equipo local lidera a II Copa de Sprint

Mentres a selección española se prepara para a Copa do Mundo en Szeged, en Verducido disputábase a II Copa de Sprint, a cal consistiría en carreira de 500 metros sobre embarcacións de equipo.

A primeira final na categoría absoluta foi a do K2 masculino, que tería como vencedores bastante axustados a Diego Castro e Antonio Palmas, do Club de Piragüismo Vilaboa, 0,88 s. por detrás entraría a embarcación do Club de Mar Ría de Aldán formada por Diego Dacosta e Marcos Pérez. O podio o pecharían Carlos Álvarez e Samuel Villanueva, do Club Naval de Pontevedra. A continuación tivo lugar o C2 feminino, que tería como claras campionas a Noa Conde e María Villaverde, da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra. En segunda posición, a 04,18 s. chegarón á meta as súas compañeiras de clube Jenifer Casal e Rosana Simón. A terceira posición quedou en mans das rapazas de As Torres de Catoira, Xoana e Rosalía García de Dios. O K2 feminino tivo como vencedoras ás locais Carme Devesa e Antía Landeira, a case 4 segundos por diante de Rocío Paz e Blanca Piñeiro, do Club de Piragüismo Illa de Arousa. O Ciudad de Pontevedra acadaría a terceira posición na categoría, cunha embarcación tripulada por Cristina Expósito e Adriana Quevedo. A derradeira embarcación doble sería a do C2 masculino, cuxos vencedores foron Luís Yasser Guerra e Eduyn Labarca, do Fluvial de Lugo, case un segundo de diferencia da C2 formado por Samuel Ares e Pedro Torrado, das Torres de Catoira. A medalla de bronce sería para David Novas e Pablo Rodríguez, do Piragüismo Poio.

As embarcacións cuádruples comenzarían as finais senior co C4 feminino, que tivo como únicas participantes ó C4 do Ciudad de Pontevedra, formado por Jenifer Casal, Noa Conde, Rosana Simón e María Villaverde; que non puntuaron con debido á escasez de participantes. O K4 feminino tivo como gañadoras a Carme Devesa, Pilar Iglesias, Antía Landeira e Angela Rodríguez, do Club Piragüismo Verducido – Pontillón. O equipo do Club de Mar Ría de Aldán sería o segundo, cunha embarcación formada por Carmela Menduiña, Uxía Davila, Noelia Moledo e María Rodríguez; o podio o pecharía Ángela Baulde, Xoana García, Rebeca Pardo e Antía Santiago, das Torres de Catoira. No K4 masculino, os vencedores serían os do Naval de Pontevedra, cun K4 formado por Carlos Álvarez, Serafín Canosa, Samuel e Jose Julio Villanueva Rodríguez; a menos de medio segundo de David Caride, Marcos Pérez, Diego Dacosta e Rodrigo Tiebo, do Ría de Aldán. O bronce foi para os vilaboenses Diego Castro, Eugenio López, Noel Martínez e Antonio Palmas.

A categoría paralímpica competiu sobre 200 metros, no K1 masculino, o vencedor foi Marcos Terzado, do Piragüismo Vilaboa, a segunda posición foi para Celso Martínez, tamén de Vilaboa e o terceiro posto foi o de Juan Fernández, do Ría de Betanzos.