O Fluvial de Lugo proclámase campión da Copa Galega de Embarcacións de Equipo
Esta mañá celebrouse a Copa Galega de barcos de equipo en categorías non olímpicas, no Complejo Deportivo David Cal en Verducido; competición que tivo a ausencia de clubes como o Breogán do Grove ou o Kayak Tudense.

A primeira final da categoría senior foi a do C2 masculino sobre 1000 metros, na que os máis rápidos foron Fernando Busto e Diego Miguens, das Torres – Romería Vikinga de Catoira. Os segundos serían Luis Yasser Guerra e Eduyn Labarca do Fluvial de Lugo e na terceira posición de novo o posto sería para Catoira, coa embarcación de Mateo Pérez e Mateo García. A canoa feminina tería como vencedoras ás pontevedresas Noa Conde e María Villaverde, do Ciudad de Pontevedra, do mesmo club, as segundas serían Jenifer Casal e Rosana Simón; e o bronce sería para Nerea Novo e Iria Romero no Club Naútico Pontecesures. Sobre a mesma distancia, o K2 masculino tivo unha axustada vitoria dos vilaboenses Diego Castro e Antonio Palmas, dúas centésimas por diante de Jose Barreiro e Iván Alonso, actualmente padexeiro das Torres de Catoira. Adrián Prada e Joaquín Iglesias acadaron a terceira posición. O K2 feminino tivo a vitoria das locales Carme Devesa e Antía Landeira, que foron líderes cunha considerable diferencia. A segunda posición sería para as brigantinas Carla Fernández e Sandra Leira e terceiras serían Nuria Romero e Emma Devesa, do Club Ciudad de Lugo.
No C4 masculino sobre a mesma distancia, os vencedores serían os canoístas do Náutico O Muíño de Ribadumia, David Maquieira, Carlos Picón, Alberto Pérez e Ramón Ferro. A menos de un segundo entrarían en meta a cuádrupla de David Bautista, Diego Piñeiro, Rubén Otero e Noé Romero do Ciudad de Pontevedra. Con máis diferencia entraría en meta o C4 do Fluvial de Lugo, nunha embarcación composta por Luis Yasser Guerra, Eduyn Labarca, Alejandro Zas e Samuel Fernández. Os gañadores no K4 masculino serían Carlos Álvarez, Felipe Dobarro, Jaime Dobarro e Manuel Rivas do Naval de Pontevedra; 01,84 por diante dos padexeiros do Club Piragüismo Rías Baixas – Boiro, Joaquín Iglesias, Adrián Prada, Miguel Ordóñez e Pablo Silva. A terceira posición sería para os de Vilaboa, Diego Castro, Eugenio López, Noel Martínez e Antonio Palmas. O C2 feminino sobre 200 metros tería de novo campionas a Noa Conde e Maria Villaverde, do Ciudad de Pontevedra, a segunda posición sería para Nerea Novo e Iria Romero de Pontecesures e de novo o Ciudad de Pontevedra, o bronce foi para Jenifer Casal e Rosana Simón. O K2 masculino, tamén sobre 200, tería como vencedores a Diego Dacosta e Marcos Pérez do Club de Mar Ría de Aldán, a menos de un segundo de Diego Castro e Antonio Palmas, de Vilaboa; pechando o podio estaría Miguel Ordóñez e Pablo Silva, do Piragüismo Boiro. No K2 feminino sobre 200 metros a vitoria foi para Carla Fernández e Sandra Leira, do Club Ría de Betanzos, 28 centésimas por diante de Carme Devesa e Antía Landeira do Club de Piragüismo Verducido; preto das anfitrioas entrarían en meta Cristina Expósito e Adriana Quevedo do Ciudad de Pontevedra. O C4 feminino sobre 200 metros tería final directa, na que as vencedoras serían Noa Conde, Jenifer Casal, María Villaverde e Rosana Simón, do Ciudad de Pontevedra, namentres do Náutico Firrete, Andrea Piñeiro, Rebeca Vázquez, Cristina Vázquez e Ana González foron segundas. O C2 masculino sobre a mesma distancia tivo como vencedor a Luis Yasser Guerra e Eduyn Labarca, do Fluvial de Lugo, a solo 20 centésimas por diante de Mauro Pardavila e Raúl Estévez no Náutico Rodeira de Cangas, que foron segundos. Os cangueses, á súa vez foron segundos a tan só 2 centésimas de David Novas e Pablo Rodríguez, da Escola de Piragüismo Poio.

O K4 feminino tivo como gañadoras ao equipo do Club de Mar Ría de Aldán, formado por Noelia Moledo, María Rodríguez, Mª Araceli e Carmela Menduíña, a segunda praza sería para a embarcación anfitrioa de Ángela Rodríguez, Carme Devesa, Pilar Iglesias e Antía Landeira. En terceira posición, coa medalla de bronce, estarían Emma Devesa, Alicia López, Valeria e Nuria Romero Gomez, do C.P. Ciudad de Lugo.
Nas categorías paracanoe, no K1 masculino VL1 sobre 500 metros, o vencedor foi Juan José Rodríguez Pol, do Club de Piragüismo Illa de Arousa, que entrou en meta por diante de Alexis Arrieta, do Ciudad de Lugo. En K1 feminino 500 estivo liderada por Mª Araceli Menduíña, e subcampiona foi Xoana Raimundez, do Club de Piragüismo Vilaboa. Finalmente, no K1 masculino sobre 500, o campión foi Marcos Terzado, do Piragüismo Vilaboa; a segunda posición foi para Celso Martínez, tamén de Vilaboa e a medalla de bronce foi para Juan Carlos Fernández, do Ría de Betanzos.
O medallero final a nivel de clubs, o campión foi o Club Fluvial de Lugo, o Club de Piragüismo Verducido – Pontillón foi o segundo e a Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, foi a terceira.