Dúas medallas na primeira xornada do Mundial en Gualeguaychú
Este fin de semana celebrase o Campionato do Mundo de Piragüismo en Maratón en Gualeguaychú, en Arxentina. As competicións senior de hoxe tíñanse que celebrar onte, pero por motivo de choiva aprazouse ata hoxe.
As finais desta xornada eran as categorías do maratón corto, de 3.60 km. A primeira final en ter lugar foi a do C1 feminino, na que padexaría a madrileña María Martín, quen despois da primeira ciaboga colocouse en cuarta posición e mantívose nela ata o 8:00. Dende aquela ata a última ciaboga foi adiantada pola ucraína Babak e a canadiense Tran. A do Aranjuez mantívose en sexta posición ata o final. A victoria foi para a húngara Borka Zagyva.
No K1 feminino competiría a asturiana Miriam Vega e a zamorana Eva Barrios. A de Xixón púxose na posición das tres primeiras a partir do primeiro minuto, padexando contra a sueca Melina Andersson e a arxentina María Garro. Despois dun retraso do primeiro porteo, as súas rivais quixérona deixar atrás, pero Vega sprintou e en poucos segundos se volveu incorporar á parella sueca e arxentina. O final do último porteo foi decisivo, Andersson foi a primeira en finalizado, Vega a segunda e Garro a terceira, e foi nestas posicións como remataron. Barrios, polo seu lado, finalizou en novena posición.
No C1 masculino participaban o pontevedrés Jaime Duro e o cuntense Diego Romero. O de Pontevedra colocouse na ola do moldavo Serghei Tarnovschi nos 2:00, colocándose en segunda posición. Despois do primeiro porteo adiantou a Tarnovschi e púxose en primeira posición toda a carreira. Finalizou campión, namentres o subcampión foi o portugués Ricardo Coelho, que entrou en meta 16.99 segundos por detrás de Duro. Diego Romero finalizou a carreira na novena posición.
No K1 masculino os representantes da selección foron o valdeorrés Adrían Prada e o ribereño Adrián Martín. Na primeira volta, o de Aranjuez situose na oitava posición, nos últimos postos do grupo de cabeza liderado polo portugués Fernando Pimenta. Non obstante, antes do porteo, o de Ponte da Lima, o sudafricano Lovemore, o danés Pedersen e o arxentino Balboa tomaron marxe respecto o resto do grupo. No sprint final, Pimenta sufreu un pinchazo que fixo que o sudafricano e o danés o adiantasen, finalizando en terceira posición, Martín finalizou en séptima posición e Prada foi décimo.