Segunda xornada do Mundial en Gualenguaychú

A primeira carreira en categoría absoluta foi o K1 feminino, na que as padexeiras da selección eran Tania Álvarez e Eva Barrios. Dende un primeiro momento, as primeiras posicións estaban entre a sueca Melina Andersson, a australiana Rebecca Mann, a checa Katerina Milova e a danesa Pernille Hostrup. Álvarez estaba no grupo perseguidor e Barrios no terceiro grupo. Andersson cause do grupo de cabeza e a do Grove acadou a quinta posición, mentres a sueca foi cuarta. A zamorana Eva Barrios, foi novena.

A seguinte competición foi o C1 masculino, cuxo liderazgo estivo case toda a carreira entre o tudense Manu Garrido, o portugués Ricardo Coelho e o húngaro Mihaly Pluzsik. O grovense Tono Campos padexaba solo en cuarta posición, mentres era perseguido polos polacos Mateusz Borgiel e Mateusz Zuchora. Sobre a quinta volta os polacos chegaron ata a posición do meco e pouco tempo despois, Garrido descolgouse na cabeza. Campos e Borgiel adiantaron ao tudense e fixeron un sprint final no que Borgiel acadou a terceira posición e Tono foi cuarto, namentres, Manu Garrido foi quinto.

Ás 15:00 (hora arxentina) tivo lugar a carreira do K1 masculino, unha regata moi emocionante na que os dous grupos de cabeza foron loitando entre sí. O grupo de cabeza, maiormente liderado polo danés Mads Pedersen, estaba formado pola parella local, Franco Balboa e Pedro Ratto, os sudafricanos Hamish Lovemore e Ulvard Hart, o húngaro Balint Noe e o noruego Amund Vold. Mentres Miguel Lloréns estaba no grupo perseguidor, xunto o danés Philip Knudsen e o británico James Russell. Pola sua parte, Adrián Prada estaba no terceiro grupo. No minuto 45, o grupo perseguidor alcanzou ao primeiro grupo. Nos últimos kilómetros, Pedersen e Hart descolgaron ao resto, e os principais perseguidores foron Miguel Lloréns, o danés Knudsen e o arxentino Pedro Ratto. Finalmente, Pedersen foi ouro e o seu rival sudafricano foi prata. O terceiro posto tívose que decidir a sprint final, Lloréns foi quinto a 3 segundos do bronce e Adrián Prada foi séptimo.