A Selección finaliza o Campionato do Mundo con seis medallas
A primeira final con participación española foi o K1 feminino sobre 200 metros, na que a asturiana Sara Ouzande parteu nunha igualada batalla contra Frederikke Mørcke, a china Nan Wang, a húngara Sara Lucz e a australiana Ella Berre. A carreira finalizou con Ouzande en terceira posición, a un só segundo de Mørcke.
A seguinte participación nacional foi o C1 feminino sobre 200, na que a pontevedresa Antía Jácome finalizou en quinta posición nunha carreira liderada pola ucraniana Liudmyla Luzan. Nas filas da selección en C2 masculino sobre 500, o canoísta poiense Adrián Sieiro e o madrileño Daniel Grijalba foron en posición de medalla en case toda a carreira, ata que os brasileños Assuncao Nascimento e Nascimento Godmann e os húngaros Kollar e Juhasz adiantáronos nos últimos metros para deixar á embarcación nacional en cuarta posición, a 0.08 da presea. A victoria foi para os rusos Petrov e Shtyl, que eran os favoritos.
No K2 500 padexarían o madrileño Enrique Adan e o sevillano Carlos García Ruiz, que finalizaron en oitava posición nunha final que gañaría a parella alemana de Schopf e Lemke. De seguido sería o turno do K2 feminino sobre 500, cuxas palistas nacionais serían a emeritense Estefanía Fernández e a pasaitarra Begoña Lazkano, quenes finalizaron novenas nunha competición liderada polas australianas Harlen e Drobot. O C4 feminino de Jácome, Couto, Gómez-Millán e Cantero foron sextas nuns 500 m. liderados polo C4 chino.
Ás 14:00 foi o turno dos 5000 metros. A primeira categoría en participar sería o C1 feminino, no que a cesureña Nerea Novo foi 12ª nunha competición liderada pola alemá Carlotta Loske. No C1 masculino habería unha nova medalla para España, da man do pontevedrés Jaime Duro, quen acadou a medalla de prata, 30 segundos por detrás do campión, o húngaro Balazs Adolf. A emeritense Estefanía Fernández volvería a competir nos 5 km. Despois dunha mala posición na primeira ciaboga, que a impediron seguir no grupo de cabeza, a campiona mundial desta categoría en 2023, acabou finalizando en 11º posición. Na derradeira carreira, o K1 masculino sobre 5000 metros, tiña como representante nacional ao asturiano Javier López, que foi séptimo nunha regata que liderou o portugués Fernando Pimenta, dúas veces campión do mundo nesta distancia.
A selección finalizou en 16ª posición, nun Campionato do Mundo que liderou Alemania, seguido de Hungría e Australia.
