A selección de maratón proclámase subcampiona de Europa en Ponte de Lima

A selección española de piragüismo de maratón desprazóuse ao país veciño para disputar o Campionato de Europa na localidade lusa de Ponte de Lima.

Mentres que onte e hoxe terían lugar as carreiras das categorías absolutas, o 29 e 30 de Xuño disputáronse as carreiras das categorías junior e sub-23, onde o resultado máis destacado sería o do riosellano Miguel Llorens, que se proclamaría subcampión de Europa por detrás do húngaro Adám Petró. A outra medalla nas categorías non absolutas sería a do C1 Junior de Andrea Vázquez, que foi bronce detrás da canoísta francesa e polaca.

Onte, sabado 1 de Xullo, sería o comezo das categorías absolutas, comezando co C1 feminino, no que a pontevedresa Jenifer Casal foi bronce nunha carreira liderada pola embarcación ucraniana e húngara, respectivamente; nesta carreira tamén participou Lara Outón, quen finalizou en sexta posición. No kayak feminino, a victoria sería para a incombustible palista húngara Renáta Csay, quen conseguiría a sua 47ª medalla internacional, convertíndose así en campiona de Europa en maratón por décima terceira vez. Detrás de ela estarían a embarcación británica e a segunda embarcación húngara na disciplina; mentres que as españolas Aurora Figueras e Eva Barrios, finalizarían en 5ª e 8ª posicón, respectivamente. No C1, o ouro decidiríase a sprint final no que a victoria foi para o húngaro Márton Kövér, 9 segundos por diante do grovense Tono Campos, quen conseguiu a medalla de prata tras haber sufrido unha importante lesión pectoral a comezo de ano e lle impediu continuar a súa preparación ao comezo da tempada ata fai un par de meses. Non obstante, os metais da selección nesta categoría non acabarían aquí, xa que o tudense Manu Garrido obtivo a medalla de bronce a un minuto e seis segundos do campión. No K1 masculino, as nosas miradas estarían postas no tudense Iván Alonso e o parragués Emilio Llamedo; respecto ó primeiro, tras exercer como marca un gran periodo de tempo e reducindo o grupo de cabeza a 4 para dedicir as medallas e o cuarto posto; no sprint final, unha mala colocación desde a ciaboga lle dificultou optar polos postos de medalla, finalizando en 4º posición a 10 segundos do campión, o palista local, José Ramalho. No caso de Llamedo, tras ir en cabeza as cinco primeiras voltas, sufriu un malestar que lle produxo varios vómitos e tal molestia o levou ata a 13ª posición.

Finalmente, hoxe terían lugar as carreiras das embarcacións dobres nas categorías absolutas. No K2 feminino, España estaría representada polo K2 da zamorana Eva Barrios e da banyolesa Aurora Figueras, representantes tamén no K1, e polo K2 das madrileñas Lucía Arquero e Carolina Massagues. As primeiras conseguiron manterse en cabeza toda a carreira, nun grupo de tres embarcacións, acadando a medalla de bronce nun maratón no que o K2 de Renáta Csay volveu a proclamarse campión. Mentres tanto, o K2 de Arquero e Massagues, mantívose sempre no grupo perseguidor e finalizando en sexta posición. No C2 masculino, os nosos ollos estaban nos C2 do meco Tono Campos e o brigantino Josete Sánchez e no do arousán Ramón Ferro e o pontevedrés Óscar Graña, os dous C2s nacionais indiscutibles nos últimos anos. Non obstante unha maniobra do C2 checho, fixo perder tempo a Ferro e Graña ao xiralos, o que lles impediu alcanzar ao outro C2 galego e o C2 húngaro. No sprint final, a embarcación de Campos e Sánchez derrotou aos húngaros Kövér e Dóczé por case dous segundos, mentres que Ferro e Graña remataron en terceira posición. A derradeira carreira sería o K2 masculino, no que veíramos de novo ao K2 de Walter Bouzán e Álvaro F. Fiuza tras a súa ausencia nos internacionais do ano pasado, xunto o K2 de Miguel Llorens e Luis Pérez. Antes de nada, darlle as gracias a Bouzán e Fiuza por darnos semexante espectáculo: resulta que trala ciaboga anterior ao primeiro porteo, onde iban marcando o grupo de cabeza, a pala de Walter partiu, facendo que este K2 perdese posicións ata que chegaron ao porteo, onde lle deron outra pala a Walter, a partir de este momento, algúns siaeiros nos puxemos a poñer o cronómetro para ver o seu tempo de recuperación, pero a sorpresa foi tal cando dende o terceiro porteo, no que os primeiros lle sacaban 55 segundos de diferencia á parella de Bouzán e Fiuza, no cuarto, os palistas asturiano e pontevedrés xa se encontraban á mesma altura que o trío de cabeza, no cal sempre estiveron Llorens e Pérez. Rematando a carreira, as tres posicións de podium se decidiron nun sprint final, o que liderou o K2 húngaro de Boros e Solti, tras eles, a tan solo 1.54 segundos de diferencia, entraban Bouzán e Fiuza, e cerrando as posicións de podio, a 2.64 segundos dos vencedores, entraron Llorens e Pérez.

No medalleiro final, o vencedor indiscutible foi Hungría, con 4 ouros, 4 pratas e 1 bronce na categoría absoluta, por detrás de España, que obtivo 1 ouro, 2 pratas e 5 bronces. No terceiro posto habría un empate, xa que tanto Portugal como Ucrania obtiveron 1 ouro.