A Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra vence no Descenso do Miño de Lugo
Este sábado 10 de Xuño, disputouse o LXI Descenso do Miño en Lugo, no que participaron preto de 400 palistas, con saída na localidade de Rábade e con meta nas inmediacións do Club Fluvial de Lugo, percorrendo así 17 km; namentres, os canoístas e as kayakistas na categoría, sairían máis preto da liña de meta, facendo unha distancia de 8 km.
No K1 masculino na categoría absoluta, o vencedor foi o palista lucense do Náutico de Pontecesures, José Ramón Estévez; seguido de Diego Castro do Club Piragüismo Vilaboa e Luis Real do Fluvial de Lugo. Na categoría doble do kayak masculino, a victoria foi para o veterano Jesús Rodriguez León e Bernardo Sánchez, do Fluvial do Barco, seguido de Antón Rey e Santiago Cruz do Firrete, mentres o bronce foi para Adrián Jubón e Carlos Álvarez do clube local do Fluvial de Lugo. Na canoa indidual a victoria foi para o vilagarciano Diego Romero, do Breogán do Grove, seguido de Roi Carballeda, das Torres de Catoira e do seu compañeiro de clube, Imanol Pérez. O K1 feminino tivo como vencedora á local Tania Fernández, seguido de María Alonso do Olívico e de Laura Pérez do Náutico de Miño. No K2 feminino a victoria foi para as lucenses Carmen Villar e Lorena Jubón seguidas das catoirenses Ángela Baulde e Rebecca Laurijssen, e finalmente, no terceiro escalón do podio, as irmáns Jessica e Noelia Moledo Rial do Club de Mar Ría de Aldán. Namentres, na última categoría absoluta, o C1 feminino, tivo tan só a duas participantes, na que venceu María Casal das Torres de Catoira seguida de Jenifer Casal do Ciudad de Pontevedra.
A pesar das ausencias dos podios nas categorías absolutas da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, as grandes participacións das categorías bases, entre os cales os dous ouros do K2 cadete feminino de Fátima Moreira e Alejandra Manso e o do K1 xuvenil feminino de Carolina García, fixeron que o clube pontevedrés vencese ao club local, dándolle a victoria do descenso e seguido do Fluvial de Lugo e do Club As Torres de Catoira.