Entrevista a Adrián Sieiro

Recentemente, o palista pontevedrés Adrián Sieiro, impúxose aos seus rivais no selectivo de pista celebrado no encoro de Trasona (Corvera de Asturias), nas categorías C1 1000 e C2 1000 có seu compañeiro de clube (Club Piragüismo Poio), Sergio Vallejo.

Actualmente, o canoísta concentrado en Sevilla é a principal esperanza da canoa española sobre os 1000 metros.

A Contra Vento: Bos días Adrián e gracias por concederlle esta entrevista a A Contra Vento. Antes de nada, quería que analizases un pouco como foi este selectivo no que acadaches dúas victorias.

Adrián Sieiro: Bos días, a verdade que o C2 1000m era un pouco máis esperado, xa que despois da Copa de 1000m que non habíamos montado apenas ata esa competición e inda así gañamos, comenzamos a adestrar moito máis tempo xuntos e a verdade é que as sensacions melloraron moitisimo. E bueno no C1 1000m, a verdade e que non sabía tampouco en que nivel estarían alguns dos meus rivais, inda que me vía con posibilidades despois de gañar a copa tamen en C1. Facendo balance penso que estamos traballando ben e os resultados están ahí presentes e a verdade e que estou moi contento por eso.

ACV: ¿En cal das dúas categorías te sintes con máis forza?

A.S.: Pois de momento síntome con máis forza no C2, xa que é una embarcación que comezamos a preparar o ano pasado e este ano imos bastante mellor.

ACV: Tras haber estado concentrado casi tódolos anos ao lado da casa, esta tempada te desplazaches á capital andaluza. ¿Cómo é a túa estancia en Sevilla?

A.S.: Pois a verdade é que o principio botei moito de menos a casa e fíxoseme complicado facerme ó sitio e todo o cambio, pero bueno temos un bo equipo que pasámolo súper ben fora da auga e que claro ó final son a túa familia.

ACV: Actualmente eres a principal garantía española no C1 1000, unha disciplina que foi defendida por David Cal entre o ano 2004 e o 2012, ¿nervioso?

A.S.: Bueno de momento non, xa que non competín internacionalmente pero está claro que David deixou moi alto o pabellón, xa non só de olimpiadas senón de mundiais. Entón un pouco de responsabilidade si que levas enriba, pero hai que mirar de cara ó futuro e pensar en mellorar ata intentar conseguir unha parte do que el foi capaz de facer.

ACV: Tomando como referencia os resultados das pasadas competicións internacionais de aqueles aos que tí lle gañaches este ano, ¿cal é o principal pronóstico que tes para tí?

A.S.: Sendo sincero e unha cousa na que en verdade nunca cheguei a fixarme. Eu sempre competín pensando no que podo facer eu, pero non miro os resultados pasados dos meus compañeiros.

ACV: Moitas gracias polo teu tempo. Noraboa polos teus resultados e sorte para as próximas competicións.

A.S.: Moitas gracias e intentaremos facelo o mellor posible.