O Campionato de España de Maratón realizou o selectivo nacional

Este fin de semana, realizouse na localidade pacense de Alange, o XXIII Campionato de España de Maratón, que á súa vez sería o selectivo para as próximas citas internacionais da disciplina, no cal as dúas primeiras embarcacións de cada categoría, serían seleccionados para a selección española.

O sábado pola mañá foi o turno das embarcacións individuais nas categorías senior. sub23 e junior. No K1 Senior, a victoria foi para o asturiado Emilio Llamedo, que fixo un fortísimo sprint final no que adiantou aos seus catro rivais dos últimos kilómetros. Detrás del, a menos de un segundo, entraría en meta Iván Alonso, o seu compañeiro de clube do Kayak Tudense, quenes obterían a clasificación para as copas do mundo, campionato de Europa que se celebrará en Ponte da Lima (Portugal) e o campionato do Mundo a celebrarse en Pietermartizburg (Sudáfrica). A medalla de bronce, foi para Luís Amado Pérez (SCD Ribadesella), quen entrou no mismo segundo que Alonso. O cuarto en entrar, 8 segundos despois dos tres primeiros, foi Xabier Ruiz de Aretxabeleta do Donostia K.E., quen foi cos tres en toda a carreira ata un porteo no que perdeu unha distancia considerable. No K1 feminino a victoria sería para Eva Barrios, do Club Deportivo Durius, quen conseguiu 8 segundos de ventaxa da subcampiona Aurora Figueras de Banyoles, clasificándose as dúas para as citas internacionais e deixando a medalla de bronce para Amaia Osaba, do Piragüismo Pamplona.No C1 Senior, Tono Campos, do CMDC Breogán, deunos unha lección de superación ao liderar a súa carreira. Dez segundos despois entraría Manu Garrido (Kayak Tudense), quen conseguiu a medalla de prata e a selección no equipo nacional. A terceira posición e medalla de bronce foi para José Luís Bouza. Os gañadores na categoría K1 masculina sub23, o campión sería Miguel Lloréns (compañeiro de K2 de Luis Amado Pérez e tamén de Ribadesella), Ion Carballo (Donostia K.E) en segunda posición e Pablo Solares (Piraguas Villaviciosa – El Gaitero), na terceira posición. O K1 feminino sub23 tería como campiona a Tania Elizabeth Álvarez do Breogán, seguida de Lucia Arquero de Aranjuez e Irati Osa do Zumaiako Urola Itsas-Adar. No C1 sub23, o vencedor foi Ignacio Calvo (Aranjuez), por diante de Damián González (Verducido) e Francisco Manuel Oses (Iuxtanam Monteoro).

Mentres que o sábado pola tarde era o turno de tódalas categorías cadetes, o domingo pola mañá o era o turno das categorías dobles junior e senior, cuxas últimas carreiras sufrirían un vento e olas constante que perxudicou a máis dunha embarcación. O K2 senior foi un grandísimo espectáculo xa que dez K2 conseguiron estar todos xuntos case toda a metade da carreira, ofrecendo uns porteos espectaculares. Pouco a pouco este número se reduciría ata que catro K2 paleasen en cabeza as últimas voltas. Foi pouco antes do penúltimo porteo, cando un dos K2 favoritos e actuais campións de Europa, o dos tudenses Iván Alonso e Diego Piña, tivesen que parar a vaciar o seu barco con motivo de que iban case afundidos, feito que lles fixo perder posicións, nunha carreira determinante para as citas internacionais de este ano. As dúas últimas voltas convertíuse nun duelo entre o K2 de Walter Bouzán e Álvaro Fdez. Fiuza e os riosellanos Luís Amado Pérez e Miguel Lloréns. Unha victoria que foi para Bouzán e Fiuza, quen non foron campións oficiais dado a condición de que non pertencen ao mesmo club, polo tanto o campionado foi para os riosellanos Pérez e Lloréns, non obstante, a pesar da súa pasada adversidade, o K2 tudense de Alonso e Piña, acadou remontar ata quedar tan só un segundo detrás dos riosellanos. No K2 feminino, as campionas con ventaxa foron Lucía Arquero e Carolina Massagues, do Piragüismo Aranjuez, dous minutos e medio despois entrarían en meta as outras clasificadas para europeo e mundial, Amaia Osaba e Ainhoa Hidalgo, do Piragüismo Pamplona; finalmente, coa medalla de bronce, estarían Gloria Herrero e Patricia Torres do Centro Natación Helios. Por último, no C2, os campións foron os actuais subcampións do mundo: Ramón Ferro e Óscar Graña, non obstante, a rápida recuperación de Tono Campos se volveu a demostrar o domingo, xa que despois de ser campión o día anterior, o seu C2 con Jose M. Sánchez acadou o subcampionato a menos de 5 segundos de diferencia dos vencedores, acadando así unha dobre praza, mentres que a medalla de bronce sería para a outra embarcación meca de Miguel Fdez. Castro e Adrián Fdez. Lameiro.

A nivel de clubes, os vencedores serían os do Escuela de Piragüismo Aranjuez, por diante do Piragüismo Pamplona e do Alberche Kayak.