A Liga Española arranca co Campionato de Inverno no canal do CEAR de La Cartuja

Este fin de semana tivo lugar en Sevilla o LVI Campeonato de España de Inverno sobre 5000 metros. Despois de dúas semifinales realizadas o sábado, que clasificaba aos 25 primeros de cada serie, e aos 10 mellores tempos restantes entre ambas mangas.

A primeira final senior tivo lugar o propio domingo co C1 feminino. A madrileña María Corbera non pudo competir polo seu séptimo título dada unha lesión de última hora. Non obstante a vitoria foi para a súa compañeira do Club Escuela Piragüismo Aranjuez, María Martín, que rematou 02,45 s. por diante da medallista internacional, a pontevedresa Antía Jácome (Club Náutico de Sevilla). O bronce foi para a tamén palista do CEP Aranjuez, a inglesa Susan Kate Gill.

O domingo a primeira carreira na categoría absoluta foi o C1 masculino, no que o pontevedrés afincado no Fluvial de Lugo, Jaime Duro (campión do mundo no mundial de Györ 2025) acadou a vitoria; con máis de 14 segundos por diante do seu compañeiro de clube, o tamén pontevedrés Pablo Crespo. A última posición do podio ocupouna Tono Campos, do Breogán do Grove.

Ás 12:30 foi o turno do K1 feminino, no que a campiona do Mundo en Milán 2025, a emeritense Estefanía Fernández (Fluvial de Lugo), acadaría a súa cuarta vitoria consecutiva na Cartuja. Cinco minutos detrás, entrou en meta a xixonesa Miriam Vega (CEP Aranjuez); o podio estaría cuberto con Begoña Lazkano, do Club Donostia Kayak KE, a 12 segundos de Fernández.

O campionato finalizaba co K1 masculino, no que Paco Cubelos intentou acadar o seu séptimo título, pero o asturiano Alberto Llera (CDB Piragüismo El Sella), quen se estrenaba na categoría, finalizou a carreira rexistrando 00:20:40,07, mentres que o padexeiro talaverano do Fluvial de Lugo rematou 69 centésimas por detrás. O subcampión do ano pasado, Walter Bouzán (tamén do Piragüismo El Sella), tamén baixou unha posición acadando a medalla de bronce.

Por clubes a vitoria foi para o CEP Aranjuez, seguido do Club Fluvial de Lugo e o Club Náutico de Sevilla.