Tono Campos consegue un terceiro ouro e a selección lidera o medalleiro
A primeira carreira da categoría absoluta de hoxe foi o C2 masculino, na que os canoístas da terra demostraron o seu nivel. A cabeza do grupo formouse pola embarcación do grovense Tono Campos e o cuntense Diego Romero, a do catoirense Fernando Busto e o vilagarcián Diego Miguéns e a dos polacos Mateusz Zuchora e Mateusz Borgiel. Os tres C2 foron xuntos practicamente todo o maratón, ata que o sprint final deulle a vitoria a Campos e Romero, a medalla de prata a Busto e Miguéns e o bronce para os polacos. Deste xeito, Tono Campos consigue os tres ouros nun mesmo campionato por primeira vez na súa carreira deportiva.

A saída do K2 feminino puxo en cabeza á lucense Tania Fernández e a grovense Tania Álvarez, a zumaiarra Irati Osa e a conquense Arantza Toledo, os dous K2 das húngaras Kiszli e Kohalmi e o de Rugasi e Csepe, perseguido de cerca por unha das embarcacións residentes. Este pequeno grupo foi aumentando co K2 australiano e as dúas embarcacións surafricanas. Despois de pasar unha hora, este grupo de seis piraguas aínda seguían en grupo. Antes do derradeiro porteo unha das embarcacións surafricanas quedou atrás, os prazas do podio non eran nada claras. Foi despois do último porteo cando os K2 vencedores se definiron. Nos últimos metros se impoñía o K2 de Kiszli e Kohalmi; mentres que os barcos das Tanias e a outra embarcación húngara estaban moi igualados. Foi nos últimos 20 metros cando as galegas adiantaron ás húngaras por unha diferencia mínima, proclamándose campioas do Mundo. Polo seu lado, a embarcación de Osa e Toledo finalizarían en sexta posición.
Foi ás dúas da tarde cando se daría paso ao derradeiro maratón do campionato, o K2 masculino. A batalla polas primeiras posicións foi moi igualada, tanta que antes de rematar a última volta grande, o grupo de cabeza se formaba por nove embarcacións, entre as que se encontraban a parella dos asturianos Miguel Llorens e Alberto Plaza, a do bañezano José Julián e o ribereño Adrián Martín, a dos vixentes campeóns do mundo, os portugueses Ramalho e Pimenta, os anfitrións Maretti e Knudsen, os noruegueses Vold, os húngaros Boros e Kolozsvari, os arxentinos Garaycochea, os franceses Urban e Candy, e os británicos Russell e Shaw. Na chegada á ciaboga que daba comezo á volta curta, Julián e Martín sufriron un xiro por parte da outra embarcación nacional que os freou, impidíndolle alcanzar aos portugueses, franceses, daneses e noruegueses, que estaban esprintando naqueles momentos. Os catro K2 de cabeza xa estaban ben definidos, a loita das embarcacións sería para obter a quinta posición, xa que quedaba moi pouco de carreira. No sprint final da carreira foi na que os portugueses Ramalho e Pimenta se impuxeron, volvéndose a proclamar campións do mundo na modalidade. A parella francesa e norueguesas, segundos e terceiros a menos de un segundo de distancia entre eles. O infortunio fixo que Julián e Martín tiveran que conformarse coa quinta posición, mentres que a outra parella da selección, a de Llorens e Plaza finalizaran octavos tras sufrir a amonestación.
Finalmente, a selección española liderou o medalleiro na categoría absoluta con tres ouros, dúas platas e dous bronces; un máis ca Hungría, que foi segunda.