Tono Campos e Manu Garrido acadan dúas novas medallas para a selección
Hoxe tivo lugar a terceira xornada do Campionato do Mundo de Maratón na localidade danesa de Vejen, a primeira categoría absoluta en ter o pistoletazo de saída foi o C1 feminino. A súa victoria non tardou en decidirse, o liderazgo estaría entre as ucraínas Tsyhankova e Babak, a campiona da distancia curta. A vitoria foi para Babak, a súa compañeira sería prata e o bronce estaría entre a polaca Paulina Grzelkiewicz e a Francesa Huet. O sprint final resolveu a victoria, que foi para a canoísta polaca. O resultado da padexeira nacional, María Martín, remataría nun modesto oitavo posto.

Os sete primeiros canoístas na proba do C1 masculino estiveron xuntos os primeiros quilómetros da carreira, pero este grupo non duraría moito cando o grovense Tono Campos, o tudense Manu Garrido e o húngaro Marton Kover descolgaron ao resto para disputar o liderazgo. Despois de varias voltas e porteos xuntos, os tres padexeiros resolveron as posicións na última recta. Campos empezou co sprint final, ao que lle seguiu Kover, deixando a Garrido en terceira posición. O sprint final entre o grovense e o húngaro disputouse ata a meta, na que Campos non lle deu opcións a Kover, a quen derrotou e se proclamou campión do Mundo, cosechando o seu segundo ouro en Vejen. Manu Garrido, polo seu lado entraría en meta 24 segundos despois, levando así a medalla de bronce.
No K1 feminino participou a zamorana Eva Barrios. Despois dunha forte saída, dez padexeiras estiveron no grupo de cabeza durante máis da primeira media hora. No minuto 45, Vanda Kiszli, Zsofia Voros e Eva Barrios sepáranse do resto. Sería no minuto 50 cando Kiszli se separaron de elas dúas, que se enfrontarían á persecución da sueca Melina Andersson, a surafricana Christie Mackenzie e a checa Katerina Milova. Antes de cumprirse a hora, Voros descolgouse do grupo. O ouro sen dúbida caería nas mans de Kiszli, os últimos metros decidiría a Andersson como subcampiona e Mackenzie terceira. Polo seu lado, Barrios tivo que conformarse na quinta posición.
O K1 masculino, como é habitual tivo unha impresionante saída. O grupo de cabeza compúxose por 8 ou 10 padexeiros nos primeiros 25 minutos. Un grupo que non se desestruturaría nin nos porteos. Iván Alonso, Jose Ramalho, os dous kayakistas daneses, os dous surafricanos, o irlandés, o húngaro, noruegués e o arxentino padexarían xuntos nas primeiras catro voltas. Sería no porteo da quinta volta cando o residente Mads Pedersen deixaría aos seus rivais atrás. O portugués Jose Ramalho, o surafricano Birkett e o noruegués Vold perseguiríano 100 m. detrás. Polo seu lado, Alonso estaría nun segundo grupo co húngaro Sellyei, o arxentino Garaycochea e o surafricano Lovemore. Os quilómetros ían concluíndo, a vitoria do danés estaba decidida; a incerteza tiñámola no resto das posicións de podio. Ramalho, Birkett e Vold desembarcaron no derradeiro porteo ao unísono. O sprint final decidiu as posicións restantes do podio con Birkett coa medalla de prata e Vold co bronce. Iván Alonso finalizou quinto, a 14 segundos do podio, e o outro representante nacional, o valdeorrés Adrián Prada, foi undécimo. Despois desta xornada, a selección mantense en segunda posición no medalleiro.