A selección inaugura o Campeonato do Mundo de Vejen con dúas medallas
Esta mañá comezou o Campionato do Mundo de Maratón na localidade danesa de Vejen. Con ela a selección española tivo unha forte entrada nas categorías do maratón curto. Tralas eliminatorias a primeira final sería a do C1 feminino, a valguesa Nerea Novo, todavía xuvenil, acadou unha sétima posición; María Martín entrou en meta en novena praza. A seguinte final sería a do C1 masculino, no que o grovense Tono Campos demostrou a súa gran habilidade nos porteos. Na primeira metade da carreira loitaría polo liderazgo cos irmáns moldavos Tarnovschi. Ao longo da carreira, o cuntense Diego Romero iría avanzando posicións ata poñerse na cabeza con Campos, quen acabou proclamándose campión. Non obstante, Diego Romero sufriu unha penalización que o levaría ata a sexta praza tras entrar en meta en segunda posición.

Unha nova medalla viría no K1 feminino, da man da zamorana Eva Barrios, quen estivo loitando pola cabeza no primeiro grupo de sete padexeiras. Despois dunha dura carreira a zamorana finalizou en terceira posición; pola súa parte, a zumaiarra Irati Osa remataría a carreira en duodécimo posto. A derradeira carreira da xornada sería o K1 masculino, que enfrontaba ao campión do mundo do 2022, o portugués Fernando Pimenta, co vixente campión de Europa, o noruego Elvind Vold. Eles dous terían uns difíciles contrincantes entre os que se encontraba o tudense Iván Alonso, o arancetano Adrián Martín, o tamén portugués Jose Ramalho e o danés Mads Pedersen. Como adoita ocorrer nesta categoría, un completo grupo se mantivo loitando pola cabeza; e tralo último porteo, os principais rivais eran Pimenta e Pedersen. Polo seu lado, Alonso loitou ata o último metro polo bronce, que non o conseguiu por tan só 1,10 segundos. Catro segundos despois entraría en meta Adrián Martín en sexto posto.
A primeira xornada rematou colocando a selección española en segunda posición na categoría absoluta, por detrás do seu eterno rival na modalidade, Hungría.