Copa de España de Pista en Embarcacións Individuais

Hoxe ao mediodía finalizou a primeira Copa de España de Pista no Encoro do Pontillón do Castro, en Verducido. Unha competición que á súa vez, era selectivo para o Campeonato do Mundo que se celebrará en Halifax (Canadá) a primeira semana de Agosto e o Campeonato do Mundo Junior e Sub23, a última semana de Agosto en Szeged (Hungría).

Final do K1 500 feminino.

A Copa, que acollería tódalas distancias en categoría individual, tivo como primeira final o C1 feminino sobre 200 metros, unha carreira que liderou María Corbera, do Piragüismo Aranjuez, seguido dela estaría María José Mailliard, do RC Náutico Port de Pollença e pechando o podio estaría a olímpica pontevedresa Antía Jácome (Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra), que obtería a mellor posición na categoría sub23. O podio da canoa individual feminina na categoría xuvenil estaría formado por Valeria Oliveira (CE Piragüismo Poio), María dels Angels Moreno (RC Náutico Port de Pollença) e Lucía Graña (EP Ciudad de Pontevedra). A competición continuou co C1 masculino sobre 1000 m. no que o sevillano Cayetano García de la Borbolla, de 21 anos, acadou a medalla de ouro, 1.365 s. de diferencia do tamén sevillano, o olímpico Pablo Martínez, os dous do Club Náutico de Sevilla; a terceira posición sería para o cangués David Barreiro, do CMDC Breogán do Grove. No C1 1000 en categoría xuvenil, a victoria sería para Daniel Crijalba, do CE Piragüismo Aranjuez, a segunda posición sería para un cadete das Torres de Catoira, Pedro Torrado, e finalmente, o bronce sería para o palmesano Ander Aragón, do Port de Pollença. A final do K1 masculino sobre 1000 metros contou cun gran nivel, a victoria sería para o talaverano olímpico Paco Cubelos (UCAM Piragüismo), a segunda posición foi para o parragués Pedro Vázquez (Club Kayak Tudense) e o seu compañeiro de clube, o tomiñés Roi Rodríguez, foi terceiro. Fora do podio, nesa final tamén padexaron Aitor Gorrotxategi, Alex Graneri, o tamén olímpico Íñigo Peña, Pablo Poza, Antonio Palmás e Pelayo Roza. O podio do K1 1000 xuvenil estivo completo por Marcos Caballero (Club Deportivo Cisne), Carlos García (Club Náutico Sevilla) e Rubén García (Atlética Avilesina). Na final do K1 feminino sobre 500 m. teríamos a sorpresa, a victoria foi para a pasaitarra Begoña Lazcano (Donostia Kayak K.E.), a segunda posición foi para a banyolense Laia Pèlachs (Club Natación Banyoles) e a terceira posición foi acadada pola olímpica canguesa Teresa Portela (UCAM Piragüismo). As kayakistas xuveniles sobre 500 metros tiveron como vencedora a Lucia Val (Los Albiones de Navia), seguida de Carla Vey (RC Náutico de Palma) e Daniela García (CD Piragüismo Tartessos Huelva).

Final do K1 200 masculino.

A segunda tirada de distancias comezou ás 10.07 co C1 feminino sobre 1000 metros. A madrileña do Piragüismo Aranjuez, María Corbera, volvería a ser a máis rápida no quilómetro, tras ela entrarían en meta Ana Barea (Circulo de Labradores) e Antía Romero (CP Rías Baixas – Boiro). O C1 feminino xuvenil sobre 1000 tería como vencedora a Ana Cantero (SD Círculo Mercantil e Industrial de Sevilla), seguida de Alba María Rodríguez (CE Piragüismo Poio) e Estrella Stegierski (CE Piragüismo Aranjuez). Na categoría masculina, o mallorquino Sete Benavides (UCAM) foi o máis rápido dos 200 (categoría na que é medallista olímpico) rexistrando un tempo de 40.690 segundos. Tras el entrou en meta Pablo Graña (Rodeira de Cangas) , a medos dunha décima de segundo do balear e Joan Antoni Moreno (Port de Pollença). Na mesma disciplina en categoría xuvenil, o mellor foi Daniel Ros (CEP Aranjuez), que finalizou antes de Asier Cortijo (tamén de Aranjuez) e Victor Montilla (Club Piragua Madrid). O K1 masculino sobre 200 foi liderado polo brigantino Carlos Arévalo (UCAM), con 36.240 segundos, a menos dunha décima de ventaxa sobre o leridano Saúl Craviotto (tamén da UCAM e subcampión olímpico no K4 que comparte con Arévalo). O bronce nesta categoría foi para Iván Fernández (Club Ría de Betanzos). O K1 masculino xuvenil tivo como campión ao sevillano Carlos García, por diante de Martín López (Club Cabanas KDM) e Marc Andrade (Club Natacio Banyoles). O K1 feminino sobre 1000 metros foi liderado por Isa Contreras (Club Delfines de Ceuta), seguida de Estefanía Fernández (Club Polideportivo Iuxtanam Mérida) e Alicia Heredia (RCN de Palma). Na categoría das rapazas do K1 xuvenil, a victoria foi para María Paraja (RGC de Covadonga), que compartiu o podio con Lidia Zornoza (Scooter Club Algamesí) e María Reus (Club de Vela Puerto Andraitx).

A terceira tirada de finais tivo como primeira saída ao C1 feminino sobre 500, que tivo como vencedora a María José Mailliard (RCN Port de Pollença), que superou á madrileña Maria Corbera, ouro nas outras dúas distancias. O bronce foi para Claudia Couto (EP Ciudad de Pontevedra). A categoría xuvenil nesta modalidade tivo foi liderada pola grovense Valeria Oliveira (Club Escola Piragüismo Poio), seguida de María dels Angels Moreno (Port de Pollença) e Elena Gomez-Millán (Club Náutico Sevilla). O vencedor do C1 500 foi para o pontevedrés, padexeiro do Piragüismo Poio, Adrián Sieiro. Seguido do vilanovés Manuel Fontán (O Muíño de Ribadumia) e Cayetano García de la Borbolla (Club Náutico Sevilla). O C1 500 xuvenil o mellor foi Daniel Grijalba, do Aranjuez, a plata foi para o vencedor nos 200 metros, o seu compañeiro de clube Daniel Ros, e a terceira posición quedou en mans de Pedro Torrado (As Torres de Catoira). A victoria no K1 500 foi para o campión olímpico no 2016, Marcus Cooper Walz (Real Club Nautic Portopetro), a prata sería para o murciano Lázaro López (UCAM) e o bronce foi para o seu compañeiro de clube, Carlos Arévalo. O K1 500 xuvenil tivo como vencedor ao vallisoletano Marcos Caballero (Club Deportivo Cisne), seguido de Carlos García (Club Náutico Sevilla) e Mauro Domínguez (Club Piragüismo Verducido-Pontillón). A máis rápida no K1 feminino sobre 200 metros foi a zamorana Mirella Vázquez (Piragüismo Fresno Ribera), por diante da ribereña Elisa Zapata (CEP Aranjuez) e a tudense Lara Feijoo (Kayak Tudense). Rematando as finais estaría o K1 feminino 200 xuvenil, no que se repetiría o podio do 500, coa victoria para Lucía Val, segunda Carla Vey e terceira Daniela García.

A nivel de clubes, a victoria da copa foi para o Club Escuela de Piragüismo Aranjuez.

Equipo olímpico de Tokyo