Bernardo Pereira e Álvaro Fdez. Fiuza lideran a Lanzada Ocean Race
A pasada mañá tivo lugar a carreira de surfski A Lanzada Ocean Race, no que ademáis de piragüistas galegos, tamén houbo unha considerable participación portuguesa e unha pequena presenza de clubes de outras localidades do Cantábrico.
A regata realizou a súa saída na praia da Lanzada, fixo un circuito no que se achegou a un punto medio entre a costa e a Illa de Ons ata chegar á praia de Baltar, en Portonovo. Tras unha saída de terra, o embarque foi algo complicado para alguns padexeiros dado ás ondas do mar. Os primeiros quilómetros foron liderados por varios K2, pero non sería así trala metade da carreira, na que o portugués Bernardo Pereira e o pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza se puxeron en cabeza; as dúas primeiras posicións xa estaban decididas antes da Punta de Cabicastro para os dous padexeiros.

A meta, tamén de terra, concluíu coa victoria do padexeiro nativo de Madeira, Bernardo Pereira, quen rexistrou un tempo de 1:03:45; en segunda posición finalizou o pontevedrés residente en Oviedo, Álvaro Fdez. Fiuza, cun tempo de 1:04:20. Tres minutos despois chegaría á meta o primer K2, que foi tripulado polos padexeiros do Kayak Vigo, Alberte Gil e Brandan Fernández. A segunda posición no K2 foi para os seus compañeiros de clube, Ricardo Fernández e Pablo Abreu, quenes chegaron 10 segundos antes que o primeiro veterano, o portugués Luis Ventura, do Clube de Canoagem de Setubal. Namentres, na categoría do OC1, o cangués Carlos Perucho debutaba na modalidade, finalizando en segunda posición trala victoria do seu irmán Jesús, veterano nesta embarcación; polo seu lado, en terceira posición estaría o compañeiro de club do vencedor, Eduardo Iglesias.
