O campionato pechase cun ouro e unha prata en mans galegas

Hoxe celebrábase a derradeira xornada do Campionato do Mundo de Maratón, a tensión nas augas do río Bascov se porían en calma ás 16.30 hora rumana.

Os primeiros participantes galegos en participar foron a dupla de Tono Campos e o Diego Romero e a do coruñés Jose Manuel Sánchez e o pontevedrés Óscar Graña. O primeiro dos C2s mencionados se colocou no grupo de cabeza mentres remataba a primeira volta, que tería como principais rivais á parella húngara de Kover e Horvath, aos polacos Borgiel e Zuchora e os portugueses Lacerna e Coelho. Mentres tanto, Sánchez e Graña padexarían cos ucranianos, perseguindo as posicións de podio. O C2 luso se descolgou no do primeiro porteo, algo que tamén faría a canoa maxiar no penúltimo. Polo seu lado, o incansable Campos non podía aspirar á mellor posición tras haber sufrido dúas malas xornadas con resultados fóra de podio; o seu C2 separouse do polaco uns 300 metros antes de entrar en meta. Campos e Romero repetiron a súa victoria do último mundial dándolle o primeiro ouro á selección. Namentres, Sánchez e Graña foron quintos.

Ás 12.00 tería lugar o K2 feminino, representando á bandeira estaba a lucense Tania Fdez. Garcia e a grovense Tania Álvarez Yates; o outro K2 estaría formado pola zumaiarra Irati Osa e a conquense Arantza Toledo. Despois da primeira ciaboga se formou un reducido grupo de tres, formado polas Tanias, as húngaras Kohalmy e Rendessy e as sudafricanas Ward e Hockly. Os tres K2 se manterían xuntos case toda a carreira mentres o da imbatible húngara Renata Csay se mantiña en cuarta posición, intentando impedir que a sacaran do podio por primeira vez dende o 2005. O barco de Csay e Voros encabezaba o grupo perseguidor, no que se atopaba o K2 de Osa e Toledo. Os tres barcos vencedores foron xuntos todo o maratón, e a súa resolución decidiuse a sprint final, que lle daría a victoria ás húngaras; Fernández e Álvarez de novo se proclamarían subcampionas do mundo. Case dous minutos despois, entrarían en meta Osa e Toledo, que foron séptimas.

A derradeira maratón tería como representantes españolas a catro representantes asturianos, un formado por Alberto Plaza e Miguel Llorens e outro composto por José Julián Becerro e Miguel Fernández Castañón. Os dous K2 fixeron unha gran carreira, sempre formando parte da formación de cabeza, composto ás veces por oito embarcacións, outras por cinco. Na última volta, as cinco primeiras posicións estaban decididas, entre elas estarían as dúas embarcacións asturianas, a húngara de Boros e Erdelyi as francesas de Urban e Candy e a de Carre e Boulanger. Tras unha mala colocación nas ciabogas, a súa posición non foi a mellor para padexar polas primeiras posicións; inda que a resolución final foi a sprint, a parella de Plaza e Llorens foi cuarta, a tan só 02.74 segundos da primeira praza, que sería para os franceses Urban e Candy, segundos serían os maxiares e terceiros a outra embarcación francesa. Becerro e Castañón serían quintos.

Bascov 2021 despídese e dalle a testigo a Portugal, que celebrará o campionato en Ponte de Lima.