Campionato de España de Maratón – Pontevedra 2021

O sabado comezou o Campionato de España coas regatas do maratón clásico de piragüismo, que do mesmo xeito que o día de onte, as dúas primeiras posicións terían clasificación ao Europeo de Moscú. A primeira hora de comezar o campionato, o C1 Senior feminino deu a saída, que tivo como vencedora indiscutible a Jenifer Casal, da Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra; namentres a segunda posición de novo foi a parar a María Pérez Aragunde, do Muíño de Ribadumia e Cristina San Juan do Piragüismo Cisne, acadou a terceira posición. Ás 11.30 dábase a saída do K1 Senior a altura da Ponte dos Tirantes, un inicio de carreira espectacular como estamos acostumbrados. Ao final da primeira volta, once eran os kayakistas que formaban o grupo de cabeza, sendo Emilio Merchán quen lideraba o grupo no que se encontraban os galegos Iván Alonso e Jaime Sobrado (Club Piragüismo Olívico), Antonio Palmas (Club Piragüismo Vilaboa), Álvaro Fdez. Fiuza (CDB La Ribera Oviedo Kayak). Por parte do K1 Senior feminino, o grupo de cabeza estivo formado por Eva Barrios (CD Durius – Kayak Zamora), Irati Osa (Itzas-Gain Zumaiako Urola Itsas-Adar Piraguismo Kluba), Amaia Osaba (Iruñea Piraguismoa) e Celia Remis (RG de Cultura Covadonga). No C1, o grupo de cabeza estivo formado por Manu Garrido (Kayak Tudense), Fernando Busto (As Torres-Romeria Vikinga de Catoira, Tono Campos e Diego Romero (ambos do CMDC Breogán do Grove). Antes do primeiro porteo, o grupo de cabeza do K1 masculino reduciuse, encabezados por Walter Bouzán (CP El Sella), os perseguidores foron Iván Alonso, Jaime Sobrado (Olívico), Miguel Llorens e Alberto Plaza (SCD Ribadesella).

O grupo de cabeza do kayak feminino seguía formado polas mesmas padexeiras, tras elas, a conquense Sub-23 Arantza Toledo, deixou atrás ao resto das súas rivais adiantando a varias K1 Senior. No segundo porteo do kayak senior, o grupo volveuse reagrupar formado un total de dez K1, entre os que estaba Fiuza, que acadou volverse colgar no grupo de cabeza. Namentres, os tres primeiros C1 (Campos, Garrido e Busto) colléronlle terreo á cabeza do K1 feminino. Na volta corta do K1 masculino, as catro primeiras posicións descolgáronse do resto, decindo o resultado a sprint final; de tal xeito como se dun 1000 m. se tratase, as tres primeiras posicións entraron no mesmo segundo, o resultado da victoria foi para Iván Alonso (1:56:19.10 nos 29800 m), a segunda posición foi para Miguel Llorens e a terceira posición foi para Walter Bouzán, poucos segundos detrás, entrou en meta Alberto Plaza. A victoria do K1 feminino foi para Eva Barrios, entrando en meta no mesmo segundo estaba Irati Osa e a terceira posición, con menos de un minuto diferencia, foi para Amaia Osaba. Pasado a metade da carreira, o canoísta tudense Manu Garrido descolgouse da cabeza, namentres, a victoria desta categoría foi para Tono Campos, a 17 segundos do subcampión, Fernando Busto; de tal maneira que Garrido finalizou en terceira posición. Na categoría Sub-23, a victoria do K1 masculino foi para Joaquín Iglesias, do Club de Piragüismo Verducido – Pontillón, e a plata sería para o seu compañeiro de clube, Adrián Prada; e o bronce estuvo en mans de Gabriel Perea, do Club Jaire Aventura – Los Rápidos. No K1 feminino, a victoria foi para Arantza Toledo, mentres tanto, Irene Gana (Club Barrika Piragua Taldea) foi plata e Aitana Gastaldo (Club Escuela Piragüismo Aranjuez), foi bronce. Na canoa masculina Sub-23, Jaime Duro (EP Ciudad de Pontevedra) foi o gañador, León Villalba (CEP Aranjuez) foi plata e Álvaro López (Ciudad de Pontevedra) foi terceiro.

A mañá do domingo tivo lugar a celebración das embarcacións dobles junior e senior, así como os K2 mixtos. O liderazgo do K2 masculino foi de Miguel Fernández Castañón e José Julián Becerro (Club Fluvial O Barco), Miguel Llorens e Alberto Plaza (SCD Ribadesella), Adrián Martín e Alejandro Moreno (CE Piragüismo Aranjuez), Iván Alonso e Jaime Sobrado (Club Piragüismo Olívico), Pedro Gutierrez e Javier López (Club Piragüismo El Sella) e Gabriel Perea e Tomás Peruyero (Clube Jaire Aventura – Los Rápidos). O liderazgo da seguinte categoría en dar a saída, o K2 mixto, foi para a parella de Amaia Osaba e Felipe Besada (Iruñea Piraguismoa) e Ana Varela e Roberto Rodríguez Lechuga (Kayak Tudense). A formación do grupo de cabeza do K2 feminino foi o esperado, entre elas estaba a dupla de Tanía Fernández e Tania Álvarez (Kayak Tudense e Breogán do Grove, respectivamente), Eva Barrios e Laura Pedruelo (Club Deportivo Durius – Kayak Zamora, Arantza Toledo e Irati Osa (Club Piragüismo Cuenca e Zumaiako Urola, respectivamente) e Lucía Arquero e Aitana Gastaldo (CEP Aranjuez). As primeiras posicións do C2 masculino tamén foron o esperado, por un lado estaba a dupla de José Manuel Sanchez e Óscar Graña (Kayak Tudense) e Tono Campos e Diego Romero (Club CMDC Breogán), perseguindo aos dous C2 de cabeza, paleaban Fernando Busto e Diego Miguens das Torres de Catoira.

Na volta anterior ao porteo a cabeza do K2 masculino mengou en padexeiros, reducíndose ás parellas de Llorens e Plaza, Castañón e Becerro, Martín e Moreno e Alonso e Sobrado. En torno á metade da carreira, o K2 mixto de Besada e Osaba deixou atrás ao barco contrincante e padexaron solos o resto da carreira. Os tres primeiros K2 femininos deixaron atrás á parella de Aranjuez e loitaron pola victoria o resto da carreira mentres que o proceso do C2 masculino seguía coma o comezo da segunda volta. Nos últimos porteos, a tráfico dos mesmos fixeron que Alonso e Sobrado se descolgasen das dúas primeiras posicións, ocupadas pola parella de Ribadesella e O Barco. O mesmo lle sucedeu a Barrios e Pedruelo, que tamén se descolgaron das dúas parellas combinadas (Tudense / Breogán e Cuenca / Zumaia). O resultado final do K2 deulle a victoria aos riosellanos Llorens e Plaza (1:47:06.04), 30 segundos por diante de Castañón e Becerro; casi un minuto despois da parella de O Barco entrou a parella do Olívico (Alonso / Sobrado), en terceira posición. Por parte do K2 mixto, a victoria foi indiscutible para a parella de Iruña (Besada / Osaba), catro minutos por diante dos tudenses (Lechuga / Varela), quenes, á súa vez, entraron en meta once minutos por diante da parella do Río Verdugo (José Eduardo Collazo e Rocio Pazos). A victoria do K2 feminino resolveuse no último kilómetro, no que as “Tanias” (Tudense / Breogán) acadaron a victoria e o K2 de Toledo e Osa foron segundas 16 segundos detrás; as rapazas zamoradas, Barrios e Pedruelo, acadaron a terceira posición. A victoria do C2 masculino foi a sprint final, a cal foi a parar para a parella de Campos e Romero, e a segunda posición para Sánchez e Graña; namentres, 4 minutos despois, entrou en meta a parella de Catoira, Busto e Miguens.