O Campionato de España de Maratón comezou hoxe en Pontevedra co selectivo da Short Race
As augas do Lérez, esta tarde disputaron o selectivo da modalidade Short Race clasificatorio para o europeo de Moscova, os dous primeiros clasificados serán os seleccionados para dito evento. A primeira saída tivo lugar ás 17.00 h, coa categoría K1 masculino. Os 3800 realizaronse nun circuíto de tres voltas, no primeiro porteo, a carreira estaba liderada por Javier López (Club Piragüismo El Sella), seguido de Walter Bouzán (Club Piragüismo El Sella) e de Iván Alonso (Club Piragüismo Olívico), o resto dos palistas recorreron o porteo inmediatamente despois. Foi no segundo porteo no que os tres primeiros se separaron do resto do grupo, neste caso lideraba Alonso. A recta final resolveuse coa victoria de Bouzán, a un kayak de diferencía do tudense, quen á súa vez lle sacou unha distancia de de dous barcos de diferencia de López. Media hora despois tería lugar a categoría do kayak feminina, que solo contaba con tres participantes. No segundo porteo, as dúas primeiras posicións parecían decididas, elas eran Eva Barrios (Club Deportivo Durius – Kayak Zamora) e Irati Osa (Itxas-Gain Zumaia Urola Itsas-Adar Piraguismo Kluba). A victoria das dúas resolveuse co abandono da terceira palista, e finalmente, a victoria foi para a zamorana e a zumaiarra en segunda, tendo as dúas a plaza internacional.

A canoa masculina parecía ter as plazas designadas a partir da segunda volta, xa que a parella do club Breogán do Grove, Tono Campos e Diego Romero, padexaron casi toda a carreira xuntos. Como estamos acostumbrados, Tono Campos sorprendeunos coa sua destreza e velocidade realizando os porteos. A victoria resolveuse a favor de Campos, co seu compañeiro entrando xusto detrás del. O C1 feminino estivo liderado ao final da primeira volta pola pontevedresa Carla Sieiro (Club Piragüismo Poio), quen era seguida por Jenifer Casal (Ciudad de Pontevedra) e María Perez Aragunde (Club Nautico O Muíño de Ribadumia). Despois de un porteo, Sieiro quedou rezagada e as dúas primeiras posicións quedaron en mans de Casal e Aragunde, que finalizaron en primeira e segunda posición respectivamente.
Mañá terán lugar as categorías individuais senior, sub-23 e junior e tódalas categorías cadetes e paralímpicas.