A selección española finaliza en quinta posición na Copa do Mundo de Belgrado

Este fin de semana, celebrouse a terceira Copa do Mundo de piraguismo en sprint na capital de Serbia, Belgrado. Esta Copa do Mundo celebrouse só unha semana despois da cita internacional de Szeged (Hungría).

O sábado, a primeira final con participación española sería a do C1 feminino sobre 500, na que a pacense Belén Díaz clasificouse a final B, na que finalizou en sexta posición. A seguinte final na que os aficionados tiñamos no punto de mira foi a primeira final do K1 masculino sobre 1000 metros, que tiña como participantes a Roi Rodríguez e a Marcus Walz, e mentres o tomiñés acadaba a medalla de bronce, o maiorquino finalizaba en novena posición, nunha final na que venceu o bielorruso Aleh Yurenia, primeira medalla para o país que sería líder nesta copa. No K1 femenino sobre 500 m., a kaiakista donostiarra Begoña Lazkano, sería octava na primeira final da categoría. A seguinte final foi o K2 500 metros, no que a victoria veu da man de palistas galegos, xa que o tudense Óscar Carrera e o cangués Rodrigo Germade, vencerían á súa carreira cun tempo de 1:28:972. A seguinte final traería o segundo ouro para España, xa que o talaverano Paco Cubelos e o zumaiano Íñigo Peña revalidaron o título de Húngría vencendo á parella alemana de Hoff e Gross e á lituana de Nekriosius e Olijnik, prata e bronce, respectivamente. A última carreira da mañá do sábado traería unha nova medalla da man do C2 1000 dos pontevedreses Sergio Vallejo e Adrián Sieiro, quenes conseguirían unha medalla de bronce por detrás do C2 alemán e polaco. Pola tardiña do sábado terían lugar as clasificacións e semifinais do resto das categorías de 500 metros e de tódalas aquelas de 200.

O domingo, a primeira final na que os siaeiros nos fixamos sería a final B do K1 feminino sobre 200 metros na que a xixonesa Sara Ouzande finalizaría en novena posición. No C1 femenino sobre a misma distancia, e tamén na final B, a vallisoletana Patricia Coco foi sexta e a maiorquina Adriana Paniagua foi novena, as cales xuntas no C2 sobre 500 m., serían octavas na final B e no 200 metros, as dúas conseguirían unha nova medalla para a selección, un bronce detrás do C2 bielorruso e canadiense. No K1 masculino, o piraguista brigantino Carlos Arévalo e o zamorano Carlos Garrote, clasificáronse á final A o día anterior na mesma semifinal na que tan sólo dúas prazas tiñan o pase á final, unhas prazas que foron a parar ás suas mans, e finalmente, na carreira decisiva, Garrote sacaría a medalla de bronce e Arévalo sería quinto, nunha final na que os 5 primeiros entrarían na liña de meta en tan só 0.310 segundos. No K2 feminino sobre 500 m., a cesureña Camila Morison e a bañolina Laia Pelachs finalizaron octavas na primeira final. No K1 sobre 500 metros, Roi Rodríguez, repetiría o bronce que conseguira no 1000, por detrás do checo Josef Dostál e do danés René Holten Poulsen, conseguindo así dúas medallas nesta copa e catro internacionais coa cita do fin de semana pasado en Hungría. No C2 500, a embarcación de Vallejo e Sieiro non pudo repetir o bronce por tan só unhas décimas de segundo contra o C2 casaco. No K4 500 masculino, as dúas embarcacións españolas se clasificarían para a final, mentres o K4 de Carlos Arévalo, Cristian Toro, Marcus Walz e Rodrigo Germade eran quintos, o de Carlos Garrote, Óscar Carrera, Juan Oriyés e Íñigo Peña foron novenos. Mentres tanto, o K4 500 feminino, a embarcación de Sara Ouzande, Alicia Heredia, Isabel Contreras e Begoña Lazkano finalizaron en quinta posición. Finalmente, as últimas carreiras da copa serían os 5000 metros, o C1 sería a embarcación encargada en comezar coa distancia, na que o tudense Manuel Garrido, finalizou en quinta posición nunha carreira que liderou o campión olímpico Sebastian Brendel. Mentres que no K1 masculino, o talaverano Paco Cubelos acadaría a misma posición que o anterior, cun quinto posto nunha regata liderada polo bielorruso Aleh Yurenia. No K1 feminino, Laia Pelachs, con tan só 18 anos, demostrou a súa habilidade, conseguindo a medalla de prata por detrás da australiana Alyssa Bull, mentres que na mesma carreira, Begoña Lazkano finalizaría en quinta posición. E rematando, no no C1 feminino, Patricia Coco foi sexta e Belén Díaz foi novena, nunha regata liderada tamén, pola embarcación bielorrusa.

No ranking final, España finalizaría en quinta posición, nunha Copa do Mundo liderada por Bielorrusia e seguida por Alemaña e a República Checa, aínda que no número de medallas, España estaría xusto detrás de Bielorrusia.