O Campionato Galego de Inverno celebrado en Taboada bate récord de participación
O campionato comezou ás 9:30, realizando un circuíto de unha volta longa e dúas curtas facendo un percorrido de 5000 m. A primeira carreira na categoría absoluta foi o C1 Senior Feminino, no que Jenifer Casal do Cidade de Pontevedra foi a campiona, cun tempo de 29:02, no mesmo minuto entrarían en meta a segunda e terceira clasificada, Laura Outón do Breogán do Grove e Raquel Rodríguez do CCP de Portonovo, respectivamente.
A saída do kayak feminino tivo lugar ás 12:00, e ao final da primeira volta, as palistas Tania Fernández do Fluvial de Lugo e Tania Álvarez do Breogán do Grove, estaban en cabeza; o seu grupo perseguidor estaba formado por Carla Sieiro do Piragüismo Poio, Carla Pérez do Kayak Tudense, Rebecca Laurijssen de As Torres de Catoira e Carmela Menduiña do Ría de Aldán. No sprint final de cabeza, a palista do Fluvial tomou unha ventaxa de 3 segundo sobre a súa tocalla Tania Álvarez do Breogán do Grove. A terceira posición, tamén resolta nun sprint, foi liderado por Carla Sieiro de Poio.
Na carreira do C1 senior másculino, os palistas do grupo de cabeza na primeira volta, resolveron a clasificación no derradeiro kilómetro, resultando a victoria para Diego Romero do Breogán do Grove, cun tempo do 23:14, o subcampionato para Manuel Garrido do Kayak Tudense e a terceira posición para David Costa, tamén do Tudense.
A derradeira carreira foi o K1 senior masculino, cun total de 96 participantes, tivo unha saída máis que emocionante. O grupo de cabeza na primeira volta estaba formado por Diego Dacosta do Ría de Aldán e tres palistas do Tudense: Aaron Diéguez, Iván Alonso e o novo fichaje do asturiano Emilio Llamedo. Despois de que Iván Alonso volcase despois dos 3 quilómetros, o grupo de medalla estaba casi decidido. Na derradeira volta, Llamedo e Diéguez puxeronse sólos en cabeza, resolvéndo a carreira nun sprint final no que Llamedo foi o vencedor con menos de un minuto de Diéguez. A terceira posición, que a mantiña Diego Dacosta paleando sen ningún apoio, poido manter o sprint final en cabeza diante do grupo perseguidor.