A selección volve do Mundial de Brandeburgo con dúas platas e un terceiro posto no medalleiro

Estes últimos días disputouse, na Cidade de Brandeburgo, o Campionato do Mundo de Piragüismo en Maratón, no que nos alegramos nos dous éxitos que se conseguiron e outros infortunios que impediron traer algunha outra medalla e mellores resultados.

No tocante á carreira do C1, que se celebrou onte sábado, os dous participantes nacionais eran o grovense Tono Campos e o vilagarciano Diego Romero. Como esperábamos, Campos mantívose no grupo de cabeza, ao longo dos diferentes porteos, puidemos ver a súa superioridade facendoos. Finalmente, na última recta, unha mala posición impedíalle collela ola correctamente facilitándolla él ao seu rival, o húngaro Márton Kövér; que se impuxo sobre nos últimos metros, de tal xeito que Tono Campos se proclamou subcampión do Mundo. Polo seu lado, Diego Romero, impúxose na saída e na primeira recta demostrando o seu nível nos 1000 metros; e despois dos 26 km da carreira, finalizou en sexta posición.

No K1 feminino, que fixo a súa carreira ó mesmo tempo que o C1, competían a zamorana Eva Barrios e a bañolense Aurora Figueras. No tocante a Eva Barrios, mantívose no grupo de cabeza en gran parte da carreira, finalizando quinta nunha carreira gañada pola imbatible palista húngara Renata Csay. Polo seu lado, Figueras finalizou en 11ª posición.

A carreira do K1 masculino, como é habitual, foi unha carreira impresionante, cun grupo de cabeza composto por dez padexeiros, entre os que se encontraban o tudense Iván Alonso e o zamorano Emilio Merchán. O grupo de cabeza turnaba o K1 que marcaba e nos últimos metros, os sudafricanos McGregor e Birkett deron forte arrancada que os convertiu en campión e subcampión, e finalmente, os que vimos o campionato en Live Streaming, non puidemos distinguir a terceira praza, que finalizou co bronce para o portugués José Ramalho, a 4ª posición para o húngaro Adrián Boros e a 5ª para Iván Alonso, no que os tres entraron en meta en menos de un segundo. Emilio Merchán, finalizou en novena posición nunha competición no que os dez primeiros clasificados entraron en meta  en menos de un minuto tras uns 30 km.

Hoxe foi cando se disputaron as embarcacións dobres, na categoría absoluta, as primeiras en ter a súa saída foi a categoría do K2 feminino, no que Barrios e Figueras compartirían embarcación, mentres que o outro K2 español sería o da vallisoletana Nuria Villacé e a emeritense Estefanía Fernández; as cales, as primeiras finalizarían en séptima posición e as segundas foron 12ª. Nesta carreira, a húngara Renata Csay proclamaríase campiona do Mundo de novo, batendo o record mundial de piragüismo en maratón, xa que obstenta 18 ouros mundiais.

Pouco despois da anterior saída, sería o turno do C2, no que o arousano Ramón Ferro e o pontevedrés Óscar Graña, mantivéronse en cabeza cos dous C2 húngaros, sempre superando en máis de 30 segundos aos perseguidores, entre os que estaban o C2 polaco e o C2 do meco Tono Campos e o coruñés José Manuel Sánchez, que tras un mal primer longo non puideron alcanzar o grupo de cabeza. Finalmente, Ferro e Graña acadaron a segunda posición proclamándose subcampións do Mundo novamente; e Campos e Sánchez foron quintos.

A derradeira carreira foi a máis emocionante, o K2 no que o grupo de cabeza estaba formado entre 8 e 12 embarcacións. Entre elas encontrábanse o K2 dos tudenses Iván Alonso e Diego Piña e os asturianos Miguel Llorens e Luis Amado. As primeiras posicións cambiaban ao longo da carreira, ata que a partir da última ciaboga, os tres primeiros clasificados arrancaron en sprint para decidir as posicións, que finalizou coa victoria do K2 sudafricano, a embarcación húngara e o outro K2 sudafricano. Entre as desventuras das que me refería ao comezo, estaba un toque á popa que xirou ao K2 de Alonso e Piña, por parte doutra embarcación, no último porteo, que lles impetiu desembarcar rápidamente e realizar o mesmo en cabeza. Finalmente o K2 dos tudenses finalizou en quinta posición, e o de Llorens e Amado, en novena.

No medalleiro, España conseguiu a terceira posición, por detrás de Hungría e Sudáfrica.