O Mundial de piragüismo de Moscú conclúe con 2 medaias españolas

Logo Mundial Piraguismo Moscu

Hoxe concluiu o Campionato do Mundo de Pista en Moscú con dúas medallas de bronce.

Na distancia dos 1000 metros, todos os palistas da selección se clasificaron para as finales, 4 das categorías á Final A e 2 á final B. En C2, o grovense Tono Campos e o vilagarciano Diego Romero, foron 4ºs na final B, a esta final tamén chegaría o K2 de Victor Rodríguez e Diego Cosgaya, que serían terceiros. Ás primeiras finales chegarían o talaverano Francisco Cubelos, que sería octavo e o K2 feminino de Begoña Lazkano e Miriam Vega, que serían sextas. No C1, David Cal sería séptimo, nunha carreira na que o seu compañeiro de entreno, o brasileño Isaquias Queiroz, ca posibilidade de batir o récord que rexistraba David Cal en Atenas 2004, tirouse antes de tempo, polo que foi descalificado e polo cal non batiu o récord oficial, récord que quedaría na man do alemán Sebastian Brendel. Así mesmo, a outra embarcación en clasificarse para a final A sería a do K4 de Javier Hernanz, Rodrigo Germade, Óscar Carrera e Íñigo Peña, que a falta dos 300 metros, cando ocupaban unha das 5 primeiras posicións, o seu timón rompeu, impedíndolles finalizar a carreira.

Na distancia do medio quilómetro, tódas as embarcacións excepto unha, o K2 de Eva Barrios e Ana Varela, conseguiría clasificarse ás finales A e B. Á final B se clasificaría o C1 de Adrían Sieiro, o K1 de Isabel Contreras e C2 de André Oliveira e Yeray Picallo, sendo segundo, cuarto e séptimo nas súas respectivas categorías. No 500 sería na distancia na que se conseguiría a primeira medaia, na modalidade non olímpica do K1 500, Marcus Cooper acadou o bronce. Entre os outros en clasificarse á final A estarían os tudenses Diego Piña e o recente campión do mundo en K4 1000, Rubén Millán, que conseguirían a sexta posición. Tamén na primeira final estaría o K4 de María Corbera, Isabel Contreras, Eva Barrios e Begoña Lazkano, na octava posición.

Polo seu lado, nos 200 metros, concretamente no K1, Saúl Craviotto empataría na foto finish co actual campión olímpico Ed Mckeever, acadando ambos a medaia de bronce. Polo seu lado, o outro olímpico Alfonso Benavides se quedaría ás portas do podio cun cuarto posto. Entre as outras tres embarcacións españolas en 200 metros, María Corbera non se clasificaría ás finales, mentres que o K2 de Isaac Toro e Carlos Arévalo, lideraron a final B e o K2 de Miriam Vega e Begoña Lazcano serían quintas, tamén na final B.

Mentres tanto, o único competidor nos 5000 metros sería Ekaitz Saies, que finalizaría na 15ª posición nunha carreira que gañaría o australiano Ken Wallace.

Finalmente, nos relevos de 4×200, ámbolas dúas embarcacións, o grupo de kayak de Saúl Craviotto, Carlos Arévalo, Isaac Toro e Carlos Garrote coma o grupo de canoa de David Cal, Alfonso Benavides, André Oliveira e Adrián Sieiro, finalizaron en séptima posición, e polo seu lado o equipo de kayak feminino de Corbera, Contreras, Lazkano Barrios non se clasificou á final nos relevos