Campionato Galego de Pista en Verducido (Embarcacións de Equipo)

A xornada do 9 de agosto, concluíu o Campionato Galego de Pista coas carreiras en embarcacións de equipo. Cun día nublado, as carreiras do campionato comezarían ás 9:30 e finalizarían pasadas as 18 h. As carreiras, cunhas distancias de 1000, 500 e 200 metros, serían realizadas polas categorías cadete, junior, senior e veteranos.

IMG_6775 A victoria do K2 Senior sobre 1000 metros sería para os tudenses Roberto Rodríguez Lechuga e Roi Rodríguez Huertas, seguidos deles estarían os seus compañeiros de clube Diego D. Aristegui e Gabriel Hernández Navarro, e a medaia de bronce sería para a parella do Club de Mar Ría de Aldán: Diego Dacosta e David Caride. Nesta distancia, no C2 a victoria sería para David Costa e Brais Casas do Kayak Tudense, e tamén do Tudense sería a prata de Daniel Costa e Luís Figueira, e por último o terceiro posto sería para Jesús Montoto e Ángel Ramón López do Ciudad de Pontevedra. Entre as outras carreiras de 1000 m., (exluídas ás categorías femininas) estarían as do K4, na que os vencedores serían de novo os do Kayak Tudense, cun K4 formado por Roi R. Huertas, Roberto R. Lechuga, Jovino González e Aaron Diéguez, a prata polo seu lado sería para Breixo Buján, Diego Castro, Marco Antonio Cadenas e Mauro Pazos do Club Piragüismo Vilaboa e o terceiro posto sería para o K4 do Fluvial de Lugo formado por Miguel Martínez Quiroga, Iván Castro, Diego Antonio Vázquez e Marcos González. No C4, a victoria tamén foi para o Kayak Tudense, ca embarcación dos irmáns Costa Bouzada, Brais Casas e David González, seguidos de Imanol Arias, Alejandro Conde, Miguel Salgado e Roi Baulde das Torres de Catoira e en terceira posición o C2 de Aldán de Gustavo Adolfo Marcelino, Pedro Reguera, César Costa e Hugo Santaclara.

IMG_6665Ás 12:30 terían lugar as primeiras carreiras de 500 metros, distancia exclusiva para a categoría feminina. As vencedoras no K2 foron para Natalia e Laura García Naveiro do Breogán do Grove, a prata para Carla Pérez e Andrea Fátima Porteiro do Kayak Tudense e o bronce para a parella do Club de Mar Ría de Aldán de Jessica e Noelia Moledo Rial. No K4 a victoria sería para o barco do Kayak Tudense, no que Carla e Andrea Fátima repetirían podio acompañadas de Leticia Piña e Valeria Romero, as segundas foron as do Club de Mar Ría de Aldán con Jessica e Noelia de novo, e xunta elas, Antía Martínez Valladares e Mª Araceli Menduiña, e no terceiro escalón do podio estarían Tania Álvarez, Sara Bravo, Amanda Victoria Álvarez e Rut Otero, do Breogán do Grove.

Pola tarde se disputarían as carreiras dos 200 metros, que comezarían pasadas as 16:30. Os vencedores no K2 masculino serían os terceiros nos 1000 metros: Diego Dacosta e David Caride do Ría de Aldán, seguidos por Roberto R. Lechuga e Roi R. Huertas de Tuy e Jorge Riveiro e Marcos Cascallar do Náutico Pontecesures. No C2 os vencedores serían os tudenses David González e Luís Figueira, en segunda posición estarían Jose Manuel Sánchez e David Veiga do Ría de Betanzos e en terceira posición de novo os pontevedreses Jesús Montoto e Ángel Ramón López. No K2 feminino as vencedoras serían as tudenses Carla Pérez e Valeria Romero, seguidas por dúas embarcacións do Breogán do Grove: Natalia e Laura García Naveiro en segunda posición e Tania Álvarez e Sara Bravo en terceira.

A nivel de clubes, sumando as puntuación obtidas na parte do campionato en embarcacións individuais, a victoria sería para o Kayak Tudense, en segunda posición estarían As Torres de Catoira e en terceira o Club de Mar Ría de Aldán.