Jaime Duro e Óscar Graña proclámanse subcampións do mundo en Metković

A xornada de hoxe comezaba coa carreira do K2 feminino, onde as participantes da selección eran a embarcación de Tania Fernández e Tania Álvarez e o kayak de Irati Osa e Arantza Toledo. Cinco minutos despois dábase a saída do C2 masculino, a representación estaba na parella de Tono Campos e Diego Romero e pola canoa de Jaime Duro e Óscar Graña.

A formación da cabeza do K2 feminino estaba formado polas dúas embarcacións españolas, as dúas húngaras, as dúas sudafricanas, as suecas de Melina Andersson e Ella Ritcher e as australianas Rebecca Mann e Kate Leverett. Despois do retiro da dupla húngara de Sinko e Csepe, o outro K2 húngaro de Zsoka Csikos e Emese Kohalmi e o sudafricano de Saskia Hockly e Christie Mackenzie puxéronse en cabeza. O K2 das Tanias, encabezaban o grupo persecutorio no que estaban os barcos das tamén españolas Osa e Toledo, as suecas Andersson e Richter, e as sudafricanas Wilson e Birkett.

Polo lado do C2, Jaime Duro e o veterano Óscar Graña encabezaba a carreira sendo perseguidos polos polacos Borgiel e Zuchora e os portugueses Lacerda e Coelho. Campos e Romero, atopábanse en cuarta posición uns 100 metros por detrás.

No sprint final, Csikos e Kohalmi superaron ás sudafricanas e entraron en meta rexistrando 1:53:01,90, mentres que Hocky e Mackenzie finalizaron con 1:53:33,16. As suecas Andersson e Ritcher colocáronse en terceira posición, mentres que o K2 de Fernández e Álvarez entraron en meta 9 segundos por detras das suecas. Irati Osa e Arantza Toledo finalizaron en sexta posición. Na última volta do C2 masculino, os polacos deixaron atrás a Duro e Graña, entrando solos na liña de meta, mentres que a dupla pontevedresa se proclamaban subcampións do Mundo. Campos e Romero non conseguiron entraron en meta na cuarta posición.

No K2 masculino, os membros da selección eran os integrantes do K2, os asturianos Miguel Lloréns e Alberto Plaza. Esta embacación mantívose nas primeiras oito posicións, pero foi no na quinta volta cando comezaron a perder posicións; na sexta volta, Lloréns e Plaza retiráronse da competición. A victoria foi para os portugueses Fernando Pimenta e Jose Ramalho, dous segundos por diante dos franceses Urban e Candy e os húngaros Boros e Erdélyi.

Finalmente, no medalleiro final, a selección española finalizou nunha mala posición para o que estamos acostumados nestes últimos anos, foron quintos, con un ouro, dúas pratas e dous bronces. O vencedor foi Hungría, como era de esperar, o segundo país foi Polonia e o terceiro foi Suecia.