O Campionato do Mundo de Maratón en Metkovic comeza con catro medallas para a selección
A primeira xornada de finais para a categoría absoluta foi a de distancia corta, no C1 feminino padexarían a cesureña Nerea Novo e a madrileña María Martín; as dúas finalizaron en quinta e oitava posición, respectivamente. Sería no C1 masculino no que a selección se estrenou no medalleiro, nesta carreira, o madrileño Ignacio Calvo foi o campión, nun podio que compartiu co polaco Mateusz Borgiel e o francés Thomas Dunilac. O seu compañeiro, o cuntense Diego Romero, foi cuarto. No K1 feminino, as miradas estaban postas na olímpica e campiona do mundo en 5000, a emeritense Estefanía Fernández, que non acadou as posicións de podio acadando unha quinta posición; nunha carreira cuxa vitoria sería para a sueca Melina Andersson. A outra padexeira da categoría foi a zamorana Eva Barrios, que finalizou nunha 13ª posición. A última carreira da xornada sería a do K1 masculino, na que o tudense Iván Alonso acadou a medalla de bronce nunha carreira que tivo como campión ao danés Mads Pedersen. O compañeiro de selección sería o madrileño Adrián Martín, que foi cuarto a menos de un segundo de Alonso.

A xornada de hoxe comezou co maratón clásico na categoría de K1 feminino. A vencedora desta carreira volvería ser a sueca Melina Andersson, as representantes nacionais serían a zumaiarra Irati Osa e Eva Barrios. Despois duns kilómetros manténdose entre a sétima e oitava posición, Osa foi perdendo forza ata finalizar novena. Polo seu lado, Barrios foi 15ª. A expectación na seguinte carreira estaba no grovense Tono Campos, tres ouros no mundial de Vejen o ano pasado. Ao longo da carreira, con varias maniobras compiladas para colocarse ben na formación de cabeza. Campos mantívose no grupo do húngaro Peter Soltesz, o portugués Rui Lacerda e os polacos Borgiel e Zuchora. Chegado un momento, Mateusz Zuchora desestabilizouse e caeu, nun sitio no que tivo que esperar pola zodiac, pero co tempo perdido, Zuchora decidiu abandonar. Por culpa dunha maniobra do padexeiro luso, o húngaro Soltesz tamén envorcou, pero montou desde o auga e non perdeu tan sequera un minuto. Na penúltima volta, a cabeza da carreira estivo formada por Campos e Borgiel. Un mal desembarque no penúltimo porteo fixo que o polaco lle sacase distancia e Tono padexeu en solitario o resto da carreira. Mateusz Borgiel estivo en cabeza ata a meta acadando a primeira medalla de ouro para Polonia nesta modalidade. O do Grove foi subcampión e polo lado de Diego Romero, retirouse ao longo da carreira.
Como é habitual, a saída do K1 masculino foi impresionante. Pasado o primero kilómetro o grupo de cabeza compoñíase polo portugués Jose Ramalho, o daneses Mads Pedersen e Johán Vedel, Brais Sánchez de Vilaboa, Adrián Martín de Aranjuez, o británico James Russell e o húngaro Bruno Kolozsvari. A partir dos 20 minutos, antes do primeiro porteo, Martín e Pedersen deixaron ao resto atrás, a parella separada do grupo persecutorio encabezado por Ramalho. Na sexta volta, Pedersen deixóu atrás a Martín, namentres, a formación do grupo persecutor mantiña a mesma formación, ata que Ramalho os deixóu atrás para intentar chegar ata a segunda posición, que era ocupada polo ribereño. Na octava volta, o portugués púxose á altura de Martín, quen tivo un desembarque lento no último porteo e Ramalho o adiantou. A vitoria foi para Pedersen, Ramalho segundo e Martín terceiro, conseguindo así, a súa primeira medalla mundial. Polo seu lado, Brais Sánchez foi quinto.
A xornada de hoxe deixóu á selección na cuarta posición, mentres Dinamarca e Suecia se manteñen empatados na primeira posición, Hungría está na terceira