Dúas medallas na primeira xornada de finais en París 2024
A selección foi cumplindo e unha por unha cada unha das embarcacións españolas foise clasificando nas diferentes fases destes Xogos Olímpicos de París. Hoxe foi o primeiro día das finais.

A primeira final sería a do C2 500, no que participarían o madrileño nas filas do Breogán do Grove, Diego Domínguez e o mallorquino Joan Antoni Moreno. A parella, de 21 e 24 anos, deron a sorpresa, e trala entrada do C2 chino e o italiano; a primeira vista non puidemos distinguir se chegaran ao bronce. Puidemos comprobar mediante a photo finish, que si acadaran a medalla de bronce, centésimas de segundo por diante da embarcación alemana e a neutral (AIN: Individual Neutral Athletes)
De seguido sería o turno do K4 de Sara Ouzande, Estefanía Fernández, Carolina García e Teresa Portela, que realizaba os seus séptimos Xogos Olímpicos. Os rivais a batir era a embarcación neozelandesa, capitaneado por Lisa Carrington, e a embarcación polaca; rivais contra as que cadraran antes na serie de clasificación. A carreira tivo lugar, e vimos de improvisto como a embarcación alemana e húngara se impoñían. Finalmente a victoria foi para o K4 da incansable Lisa Carrington, seguido polos K4 alemán e húngaro. O K4 nacional tivo que conformarse coa sexta posición, xa que ademáis de ser adiantadas polas polacas, tamén o foron pola embarcación china.
Chegou o turno da última final, na que puidemos ver dende un principio o K4 que dominaba era o de Saúl Craviotto, Carlos Arévalo, Marcus Cooper e Rodrigo Germade. Estiveron así as primeiras tres cuartas partes, ata que nos últimos metros foron adiantados polos vixentes campións do mundo (o K4 alemán de Rendschmidt, Lemke, Schopf e Liebscher-Lucz) e pola embarcación australiana. Deste xeito o equipo nacional entrou en terceira posición, acadando a medalla de bronce. Con esta medalla, o piragüismo adiantou á vela como deporte olímpico que máis preseas gañou para España.
Mañá sera o turno das semifinais e finais do C2 feminino, no que padexarán a pontevedresa Antía Jácome e a madrileña María Corbera, o K2 feminino no que estarán Carolina García e Sara Ouzande, que compiten en dúas categorías nestes Xogos, o K2 masculino, no que participa a embarcación de Carlos Arévalo e Rodrigo Germade e a de Adrián del Río e Marcus Cooper. A derradeira final será o C1 1000, na que o pontevedrés de 22 anos Pablo Crespo, colle a estela de David Cal, repetindo na categoría que lle deu un ouro olímpico ao de Cangas.