O Fluvial de Lugo foi terceiro no Nacional de Inverno detrás de Aranjuez e Sevilla
Hoxe tivo lugar as finais do Campionato de España de Inverno, celebrado como é habitual, nas augas de La Cartuja, en Sevilla. As primeiras carreiras sufriron oleaxe, dificil de padexar en condicións nas categorías que compiten simultanemente. A primeira carreira na categoría absoluta foi a do C1 senior feminino, que tivo a ausencia de María Corbera, campiona na edición do 2023. A pontevedresa Antía Otero (E.P. Ciudad de Pontevedra) púxose en posición de cabeza ao cumplir o primeiro minuto. Unha posición que mantivo e finalizou con 40 segundos de vantaxe da subcampiona, Cristina Soutelo (Kayak Tudense) e máis de un minuto de diferencia de María Martín (C.E.P. Aranjuez).

O C1 senior masculino foi a seguinte saída en tomar parte, na que houbo tres importantes ausencias, a de Noel Domínguez, Diego Romero e Tono Campos, os medallistas do ano pasado. Antes de cumplirse os 10 minutos da carreira padexaban en cabeza o catoirense Fernando Busto, o pontevedrés Jaime Duro e o ribereño Ignacio Calvo; sendo perseguidos polo ucraniano Andrii Zakharov, acual canoísta do Fluvial de Lugo e a parella do Kayak Tudense, Óscar Graña e Manu Garrido. As posicións de podio mantivéronse en toda a regata, e no sprint final Jaime Duro se impuxo rexistrando un tempo de 00:23:47,35; seis segundos por diante de Busto e vinte de Calvo.
Ás 12:30 tivo lugar a saída do K1 senior feminino, no que aquí si que competía a campiona no 2023, a emeritense Estefanía Fernández (Club Iuxtanam), campiona do mundo na categoría. Os primeiros 20 minutos xa despuntaban a do Iuxtanam, a zamorana Laura Pedruelo e a antellense Bárbara Pardo. Ao cumplir o primeiro minuto, Miriam Vega (R.G.C. Covadonga) colocouse no grupo de cabeza, con ela tamén se colocaron Cristina Franco (Club Deportivo Cisne) e a lucense Tania Fernández (Kayak Tudense); Irati Osa (Zumaiako Piraguismo Klub) incorporouse ao grupo antes dos 10 minutos. Na ciaboga no minuto 14, Fernández deu unha gran arrancada, pero Vega e Pedruelo conseguiron non descolgarse dela. O sprint final decidiu as posicións de podio, con Fernández como campiona, diante da Vega, como subcampiona e Pedruelo en terceira posición.
O K1 masculino volvía a contar coa participación de Paco Cubelos. Despois dunha saída espectacular, como é o habitual nesta categoría, puxéronse en cabeza o talaverano da UCAM, Javier López (Club Deportivo los Cuervos), Pelayo Roza (Fluvial de Lugo), Matías Valentín Otero, Roi Rodríguez e Pedro Vázquez (os tres do Kayak Tudense). Pola outra banda da carreira había outra punta de frecha, que no terceiro minuto se uniu á encabezada por Javier López. No minuto sete, o marca era Pedro Vázquez, tendo a Cubelos e Rodríguez na primeira ola. A un kilómetro e medio da meta, a cabeza estaba composta por Cubelos, os do tudense Pedro Vázquez e Matías Otero, Javier López e o ribereño Adrián Martín. O sprint final decidiu a vitoria, que volveu a ser revalidado por Paco Cubelos, a menos de un segundo de Pedro Vázquez; catro segundos despois entaría en meta Javier López.
A nivel de clubes, a vitoria sería para a C.E. Piragüismo Aranjuez, seguido do Náutico de Sevilla e o Club Fluvial de Lugo.