A selección española acada 4 medallas en Duisburg 2023

Hoxe disputouse a primeira xornada de finais do Campionato do Mundo de Sprint en Duisburg, campionato clasificatorio para as olimpiadas de París o próximo ano.

A primeira final coa presenza da selección foi o K1 500, no que o zumaiarra Iñigo Peña obtivo un octavo posto rexistrando un tempo de 01:38.642, a menos de 2 segundos e medio do campión, o húngaro Balint Kopasz. A seguinte final foi a do C1 masculino sobre 200 m. no que padexaba o mallorquino Joan Antoni Moreno, quen acadou a primeira medalla da xornada, conseguindo unha medalla de prata, a 0.04 s. do uzbeco Artur Guliev. A medalla de prata continuaría co C1 200 en categoría feminina, nunha carreira no que a pontevedresa Antía Jácome proclamouse subcampiona por detrás da cubana Yarisleidis Cirilo Duboys; deste xeito, Antía consegue un pase para París 2024. No K2 200 feminino, as madrileñas Elisa e Mercedes Zapata acadaron unha séptima posición. Antía Jácome volvía de novo a proclamarse subcampiona, no C2 que compartía coa madrileña María Corbera, a parella alcanzou a prata nos 200 metros; non obstante, esta non é unha categoría olímpica, que si a terán mañá sobre os 500 m., no que prometen obter a clasificación. A participación nacional viría de novo no C1 500, no que o pontevedrés Adrián Sieiro finalizou en quinta posición, nunha carreira que encabezaría o rumano Catalin Chirila. A derradeira medalla da xornada a conseguiría o K4 feminino tripulado pola asturiana Sara Ouzande, a emeritense Estefanía Fernández, a pontevedresa Carolina García e a incombustible Teresa Portela; que obtiveron unha medalla de bronce nos 500 m. por detrás da embarcación neozelandesa encabezado por Lisa Carrington e o K4 polaco encabezado por Karolina Naja. A derradeira final co participación española foi a do K4 500 na categoría masculina, na que a embarcación tripulada polo leridano Saúl Craviotto, o brigantino Carlos Arévalo, o mallorquino Marcus Cooper e o cangués Rodrigo Germade, tiveron unha dura final na que obtiveron unha séptima posición, na que a embarcación alemana foi a campiona, a menos dun segundo de diferencia do K4 español; deste xeito, o equipo acadou a clasificación olímpica.

Mañá será o turno doutras oito finais máis, con opcións de medalla nalgunhas categorías.