A selección acada catro medallas na primeira tirada de finais de Szeged 2023

Esta tarde tiveron lugar as primeiras finais da Copa do Mundo de Szeged. A primeira en inaugurar o medalleiro nacional foi a pontevedresa Antía Jácome, acadando a medalla de bronce no C1 200, a 0.84 s. da vencedora, a cubana Yarisleidis Duboys. Na mesma final padexou a madrileña María Corbera, que finalizou en sexta posición. Do mesmo xeita, as dúas canoístas competirían no C2 200, o que gañaron, acadando a única medalla de ouro da xornada.

A seguinte medalla veu da man do K4 formado pola asturiana Sara Ouzande, a emeritense Estefanía Fernández, a pontevedresa Carolina García e a canguesa Teresa Portela, que se proclamaron subcampionas do Mundo no medio km., tras unha sorpresa do K4 chino, que gañou a carreira, derrotando ás presumibles medallistas, o K4 polaco e alemán; as neozelandesas encabezadas por Lisa Carrington foron terceiras. A derradeira medalla da xornada foi a do K4 masculino 500 formado polo ilerdense Saúl Craviotto, o brigantino Carlos Arévalo, o balear Marcus Cooper Walz e o cangués Rodrigo Germade, que foron subcampións detrás da embarcación lituana; os presumibles rivais dos españois, o K4 alemán, finalizou en cuarta posición. O outro K4 español formado por Adrián del Río, Pelayo Roza, Aitor Gorrotxategi e Carlos ‘Perucho’ foron octavos.