A selección comeza con moi bo pé a copa de Szeged

A Copa do Mundo de Szeged estase celebrando estes días, unha competición que clasifica ao Campeonato do Mundo en Duisburg que se celebrará este verán; que, á súa vez é unha proba clasificatoria para os Xogos Olímpicos de París 2024.

O día de onte e esta primeira media xornada, os padexeiros da selección tiveron bos resultados, conseguindo a maioría a clasificación para as semifinais ou finais. En primeiro lugar, a canoísta pontevedrense Antía Jácome e a madrileña María Corbera clasificaronse para a final no C1 200 metros, e elas dúas, no C2, clasificáronse á final do C2 200 e 500 tras ser as gañadoras na súa eliminatoria.

Polo seu lado, os dous K4 formados por Cristina Franco, Laura Pedruelo, Miriam Vega e Bárbara Pardo e o de Sara Ouzande, Estefanía Fernández, Carolina García e Teresa Portela, clasificáronse para a semifinal no K4 500, que terá lugar esta tarde. Do mesmo xeito, os dous K4 masculino, un formado por Adrián del Río, Pelayo Roza, Aitor Gorrotxategi e Carlos Pérez “Perucho” e o outro o K4 olímpico de Saúl Craviotto, Carlos Arévalo, Marcus Walz e Rodrigo Germade, fixeron o mesmo.

No K1 feminino sobre 500 metros non tiveron tanta sorte, por un lado, a ceutí Isa Contreras clasificouse á final B, e a valenciana Bárbara Pardo, competirá na final C. Mentres tanto, a ceutí si acadou a clasificación á final A nos 1000 metros. No C1 masculino sobre 1000 m., Pablo Crespo acadou a clasificación á final B, mentres o cangués David Barreiro non pasou das semifinais. No K1 masculino sobre 1000 metros, o talaverano Paco Cubelos clasificouse á primeira final facendo unha gran semifinal e o seu compañeiro de categoría, o asturiano Pedro Vázquez, clasificouse á final C. Finalmente, rematando as participaciones españolas desta mañá, Adrián del Río acadou a clasificación á final no K1 sobre 500 metros.