O Ría de Betanzos e o Kayak Tudense lideraron o Campionato Galego de Sprint

Este domingo celebrouse o Campionato Galego de Sprint para Senior. A primeira final sería a do C1 masculino sobre 1000 metros, que tería como vencedor a Pablo Crespo, da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra; o seu compañeiro de clube, Jaime Duro, e o palista do Club Piragüismo Illa de Arousa, Yeray García, foron prata e bronce, respectivamente. Na canoa feminina sobre 500 metros, a campiona sería Valeria Oliveira, da Escola de Piragüismo Poio – Conservas Pescamar. A segunda posición foi para Cristina González do Kayak Tudense e a terceira sería María de la Peña, do Ciudad de Pontevedra.

O kayak masculino sobre os 1000 metros tería como campión a Matias Valentín Otero, do Kayak Tudense; tamén do Tudense, o subcampión foi Raimon Gastaldo e o bronce foi para Iago Monteagudo, no Naval de Pontevedra. O kaiak feminino sobre 500 metros tivo como vencedora a Lucia Soutelo, do Kayak Tudense, o clube tería tamén a medalla de prata nesta categoría con Leticia Piña. Polo seu lado, Carla Fernández, do Ría de Betanzos, sería bronce. En K1 paracanoe feminina, Xoana Raimundez, de Vilaboa sería a vencedora; e a prata foi para a outra padexeira da categoría, María Cousillas, do Fluvial Avión. O paracanoe masculino tivo como campión a Alfonso Cabeiras, do Club de Mar Ría de Aldán, a plata foi para Juan Carlos Fernández do Ría de Betanzos e o bronce foi para Cristian Castro, do Ciudad de Lugo. A xornada da mañá finalizou co C1 masculino sobre 500 m., que tivo como campión a Manuel Fontán, do Muiño de Ribadumia. A segunda posición foi para Jaime Duro, a 0.09 de Pablo Crespo, ámbolos dous do Ciudad de Pontevedra.

Manuel Fontán, competindo na final do C1 500

A primeira final da tarde foi a do C2 feminino sobre 500 metros, no que as canoístas do Ciudad de Pontevedra, Maria de la Peña e Antía Otero foron as vencedoras. En segunda praza estarían as rapazas do Club Rías Baixas – Boiro, Verónica Ferreiros e Antía Romero. Pechando o podio estiveron as súas compañeiras de clube, Claudia Miguens e Vanesa Dean. O K1 500 volvería ter ao mesmo vencedor que no 1000, Matías Valentín Otero, do Tudense; o subcampión foi Manuel Rivas, do Naval de Pontevedra e a medalla de bronce foi para Raimon Gastaldo, tamén do Tudense. O Kayak Tudense acadaría outro ouro co K2 500 de Leticia Piña e Lucía Soutelo. As irmás Raquel Da Costa e Lucía Da Costa foron subcampionas, mentres que Carla Fernández e Sandra Leira, de Betanzos, foron terceiras.

A canoa individual feminina sobre 200 metros tivo como vencedora a Valeria Oliveira, do Piragüismo Poio. Cristina Soutelo, do Tudense sería segunda e Antía Romero, de Boiro, foi terceira. Sobre a mesma distancia, en paracanoe masculina, o vencedor foi Alfonso Cabeiras, do mesmo xeito que no 500. A prata foi para Cristian López, do Ciudad de Lugo e o bronce foi para Juan Fernández, do Ría de Betanzos. En paracanoe feminina, repetiríase o podio que no 500, Xoana Raimundez campiona e María Cousillas, segunda.

En C2 500 masculino, a victoria foi para a parella do Ciudad de Pontevedra, Jaime Duro e Pablo Crespo. A segunda posición sería para os canoístas do Piragüismo Poio, Angel Fuego e Pablo Rodríguez e a terceira foi para Yoel Becerra e Raúl Estévez, do Rodeira de Cangas. A victoria no K2 500 foi para Iago Monteagudo e Manuel Rivas, do Naval de Pontevedra; a 0, 38 segundos entaría a parella do Tudense, Sebastián Delgado e Matías Valentín Otero. Pechando o podio estarían Diego Dacosta e Marcos Pérez, do Ría de Aldán.

O kayak individual feminino foi liderado por Lucia Da Costa, do Piragüismo Rías Baixas, Lucia Soutelo, do Kayak Tudense, foi segunda e Carla Fernández, do Ría de Betanzos, terceira. Na modalidade de paracanoe V1, o vencedor nos 200 metros foi o paralímpico Adrián Mosquera, do Piragüismo Rías Baixas, seguido por Cristian Castro e Alexis Arrieta, ámbolos dous do Ciudad de Lugo.

Final do K1 feminino sobre 200 m.

A primeira final dos K4 foi a dos 500 en categoría feminina, que tivo como campionas a Lucía Valiña, Leticia Piña, Lucía Soutelo e Ester Liñares, do Kayak Tudense. A medalla de plata foi para as rapazas do Ría de Betanzos, a embarcación formada por Carla Fernández, Sandra Leira, Emma Vía e Laura Pérez. O bronce foi para o K4 do Ría de Aldán formado por Cintía Fernández, María Rodríguez, Mª Araceli Menduiña e Antía Martínez. O C4 masculino tivo como campións ao equipo do Piragüismo Poio, formado por Adrián Sieiro, David Novas, Adrián Pose e Pablo Rodríguez. A medalla de prata foi para o equipo do Rodeira de Cangas, no que formaban parte Pablo Álvarez, Yoel Becerra, Raúl Estévez e Pablo Graña. A terceira posición foi para os de Boiro, a embarcación cuadruple montada por Brais Carnota, Fabián Enrique, Diego Vidal e Ángel Paz. O K4 masculino vencedor estivo formado polos membros do Kayak Tudense, Rubén Millán, Sebastián Delgado, Raimon Gastaldo e Matías Valentín Otero. Os subcampións foron para o equipo do Naval de Pontevedra, composto por Iago Monteagudo, Jaime Dobarro, Jose Julio Villanueva e Manuel Rivas. A medalla de bronce foi acadada polos do Ría de Betanzos, o K4 formado por Xoel Docal, Javier Benito, Marcos Cascallar e Dario Rodriguez.

Final do K4 masculino

A nivel de clubes, a categoría feminina foi liderada polo Kayak Tudense, en segunda e terceira posición estiveron o Club de Piragüismo Rías Baixas e a E.P. Ciudad de Pontevedra, respectivamente. A categoría masculina tivo como vencedores ao Club Ría de Betanzos, namentres que o Naval de Pontevedra finalizaba en segunda posición e o Kayak Tudense, en terceira.