A selección española proclámase campiona en Račice 2022
Hoxe finalizaba a Copa do Mundo en Račice, na República Checa, con gran alegría para a selección, familias, amig@s e seguidores.

A primeira final con participación española foi a de Julia Espinosa, na final B do C1 500, na que acadou a séptima posición. Na primeira final da mesma modalidade, Claudia Couto, estreándose nunha final internacional, estivo ás portas do podio cunha cuarta posición por detrás do C1 ucraniano, alemán e polaco. A final B do K2 500 foi disputada pola embarcación de Lázaro López e Íñigo Peña e a de Carlos Garrote e Cristian Toro. Mentres os primeiros finalizaron en cuarta posición, a parella de Garrote e Toro foron novenos. Na final á do C1 femenino sobre 200 m., os ollos dos seguidores estaban postos na madrileña María Corbera e na pontevedresa Antía Jácome. Corbera foi terceira a 0.33 segundos do podio e Jácome finalizou en séptima posición.
No K1 feminino sobre 1000 metros, tras un arranque modesto, a ceutí Isabel Contreras foi aumentando posicións ata acadar a segunda posición, plata que compartiría coa polaca Justyna Iskrzycka; non obstante, a victoria sería para a australiana Alyssa Bull. Por estes momentos, a selección, que lideraba o medalleiro empatado con Polonia, foi superado por Alemaña e Ucraína.
Despois dun descanso de unha hora, a partir das 14:15 sería o turno dos 5000 metros. As primeiras en participar serían o C1 feminino, na que María Corbera foi subcampiona, non obstante, a vencedora foi a china Li Li, de tal xeito que o país asiático tamén adiantou a España no medalleiro. A seguinte categoría en participar foi o C1 masculino, no que a selección non contaba con ningún participante. O momento de alegría para a selección foi no turno do K1 feminino, no que Begoña Lazcano se puxo na primeira posición, marcando case toda a carreira. Ao lado de Lazcano estaba a asturiana Miriam Vega, e polo outro lado ía a padexeira italiana Susanna Cicali. No último sprint, Vega caeuse da cabeza, comezando un duelo entre Lazcano e Cicali; finalmente a victoria foi para a donostiarra, namentres, a asturiana finalizou en terceira posición. A derradeira carreira, o K1 5000 masculino, non tiña participación española, pero a victoria xa estaba decidida.
España liderou o medalleiro con nove medallas, 3 ouros, 4 pratas e 2 bronces. En segunda posición finalizou China, mentres que a terceira foi compartida por Alemaña e Ucraína. Polonía foi quinta, seguida por Cuba, Portugal, a República Checa, Australia e Italia.