Catro diplomas olímpicos na segunda xornada de finais
A segunda xornada nas finais de piragüismo na modalidade sprint deu comezo co K1 200 masculino. A carreira tería como participantes ao brigantino Carlos Arévalo e ao ilerdense Saúl Craviotto, clasificados na semifinal ás 9:30 hora xaponesa. Nos primeiros metros da carreira, Arévalo colocouse na segunda posición nunha proba moi axustada; o galego foi perdendo posicións chegando á meta nunha posición nada clara. O brigantino rematou en quinto posto rexistrando un tempo de 35.391, a tan só 0.356 do campión Sandor Totka, un dos palistas húngaros; nametres, o campión en Río 2016, Liam Heath, foi terceiro. Saúl Craviotto sufriu dunha saída lenta que o impidiu remontar posicións, finalizando séptimo. Non obstante, estivo a 0.533 da primeira posición. O principal obxetivo dos dous palistas aínda está por vir, xa que será o K4 500, cuxa primeira eliminatoria se celebrará mañá.
A xoven canoísta pontevedresa Antía Jácome tamén se clasificou á primeira final do C1 200. Que tras unha saída modesta, foi remontando ata finalizar en quinta posición; un gran resultado acadado con 21 anos. A final tivo como campiona á estadounidense Nevin Harrison, seguida pola canadiense Vincent-Lapointe e a ucraniana Luzan. O K1 500, cuxa participante era a ceutí Isa Contreras, tivo que conformarse coa clasificación á final C tras acabar en 6ª posición na súa semifinal; carreira na que finalmente foi terceira.
Rematando a xornada de regatas, sería o turno do K2 do talaverano Paco Cubelos e o zumaiarra Íñigo Peña, competindo nos 1000 metros. A parella, comezando cuns primeiros metros sen moito apuro, posicionándose nas últimas posicións. Tras cruzar os tres primeiros cuartos da proba, comezaron un prorrogado sprint final que os impediu chegar ás posicións de podio, terminando en sexta posición; nunha regata liderada pola embarcación australiana, que vencéu aos favoritos Hoff e Schopf, de Alemaña.
Mañá será o turno das eliminatorias do K4 de Craviotto, Walz, Arévalo e Germade e os canoístas sevillanos Cayetano García e Pablo Martínez.