España acada catorce medallas no Mundial de Surfski en Lanzarote
Na mañá do domingo, celebrouse en Lanzarote a ICF Canoe Ocean Racing. Unha carreira de 27 kilómetros cuxo inicio sería na praia de Arrieta, no noreste da illa canaria e a meta en Arrecife, capital que se encontra na metade da costa sur de Lanzarote. A propia meta, sería chegada de terra na praia del Reducto.. O mundial acolleu a participantes tales como o cangués Carlos Perucho, campión olímpico en Pekín 2008, o pontevedrés Álvaro Fernandez Fiuza e o asturiano Walter Bouzán. que acadaron xuntos varios ouros mundiais en maratón e a navarra Amaia Osaba, a bañolesa Aurora Figueras e a mallorquina Alicia Heredia, tamén internacionales e gañadoras de varias medallas mundiais.
As condicións da forte oleaxe impediu a programación prevista, que tería lugar ás 11.00 e con saída de terra. Dadas as circunstancias, finalmente realizouse unha tamén dificil saída dende a auga, cuns 20 ou 30 minutos de retraso. Os palistas tiveron que facer unha saída con vento en contra. A dificultade dos primeiros 5 kilómetro era claramente apreciable, xa que os participantes tiveron que remar con vento lateral en contra, ata que, a altura de Charco del Palo, puideron acomodarse co vento en popa.
Os seguintes 12 km en dirección Costa Teguise foron rápidos, porque a pesar de sufrir vento lateral, puideron coller as olas a favor. A curva seguinte facilitaríalle aos padexeiros o mellor tramo da carreira, xa que, inda que con menos forza, o vento sería claramente a favor. A categoría feminina, que foron as primeiras en saír de Arrieta, tivo como vencedora á sudafricana Michelle Burn, rexistrando un tempo de 1h.42m.25s. A medalla española nesta categoría sería para a catalana afincada en Canarias Judit Vergués, que acadou a medalla de bronce. Osaba estivo moi preto do podio acadando a quinta posición e a francesa nacionalizada española, Chloe Bunnett, foi sexta. Polo seu lado, Alicia Heredia foi 10ª e Aurora Figueras foi 13ª.
A victoria na categoría masculina tamén foi para Sudáfrica co seu kaiakista Nicolas Notten. O mellor padexeiro español da categoría foi Walter Bouzán, que rematou en cuarta posición despois de volcar pouco antes da saída. Outros referentes españoles na categoría foron Javier López, en 17ª posición; Carlos Pérez en 24ª e Álvaro Fiuza en 25ª. As outras dúas medallas da selección serían para o xuvenil Jorge Enriquez coa prata e Irene Gana, que foi tercerira.

Na categoría de veteranos, Alejandro Zumaquero foi ouro en Master A, do mesmo xeito que a segunda e a terceira posición tamén caeu en manos españolas, as de Eduardo Palmero e Carlos García, respectivamente. Na categoría Master B, Oier Aizpurua foi o campeón, a segunda posición foi para o portugués Hugo Lima e o bronce foi para Jordi Ramón Sumoy. As tres primeiras posicións da Master B tamén foron para a selección, con Mikel Laurizika, Jose Mari Villagarcía e Eñait Aizpurua, respectivamente. A terceira posición do Master D foi para Jordi Borrás, que entrou en meta detrás do padexeiro alemán e francés. Francisco Calatayud foi o campión da categoría Master F, seguido do seu compañeiro Orlando Suárez e do sueco Tommy Carls.

