Galicia suma catro barcos para o preolímpico de Szeged
O selectivo clasificatorio para o Preolímpico Europeo a realizarse en Szeged (Hungría) o 12 e 13 de Maio, que decidirá as últimas prazas para os Xogos Olímpicos tivo lugar en Trasona, así mesmo, tamén clasificou para o Europeo ás categorías non olímpicas.
A primeira categoría en determinar a súa clasificación foi o K2 feminino sobre 500 metros, que tivo como vencedoras á pontevedresa Carolina García e á asturiana Sara Ouzande, que tivo como principales competidoras á parella de Begoña Lazkano e a Laia Pèlachs e á de Miriam Vega e Lara Feijóo. A segunda final clasificatoria foi á do K2 masculina 1000 metros, no que a parella do talaverano Paco Cubelos é o zumaiarra Íñigo Peña, que acadaron a súa clasificación no Mundial de 2019 demostraron que son a mellor combinación desta categoría, tendo como principales perseguidores a Pelayo Roza e a Pedro Vázquez e á parella de Roi Rodríguez e Albert Martí. No K1 500 m. a ceutí Isa Contreras acadou a victoria e clasificación por diante de Laia Pèlachs e Carolina García. No C2 sobre os 1000 metros a victoria foi para os sevillanos Tano García e Pablo Estévez; por detrás deles estiveron os pontevedreses Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, en terceira posición estivo a embarcación do vilanovés Manuel Fontán e o cangués David Barreiro. O vencedor do K1 1000 foi Paco Cubelos, cuxos K1 máis cercano foron Roi Rodríguez e Pedro Vázquez. Na canoa individual feminina sobre 200, a pontevedresa Antía Jácome foi a máis rápida, por diante de María Corbera e Antía Otero.

Hoxe foi o día na que se disputarían as dúas últimas categorías olímpicas. O C2 femenino tivo como victoria foi para as pontevedresas Antía Otero e Antía Jácome, esta última terá a opción en Szeged de optar pola clasificación en dúas categorías; este C2 superou á parella de Coco e Corbera e á de Espinosa e Barea. Finalmente, o cangués David Barreiro, acadou a victoria en C1 1000 tras unha axustada victoria co seu compañeiro de club Noel Domínguez, polo seu lado, Martín Jácome finalizaba en terceira posición.
En definitiva, Galicia suma catro novas embarcacións con aspiracións olímpicas a Tokyo 2021.