Tania Fernández, Jenifer Casal, Miguel Fdez. Castañón e Diego Romero, campións galegos de inverno

O calendario da liga galega de augas tranquilas estreouse hoxe co Campionato Galego de Inverno sobre 5000 metros, no Embalse de Verducido. A primeira saída tería lugar ás 10.00 e a competición continuaría ata pasadas as 18.40, na que tería lugar a última saída; despois de haber pasado por tódalas categorías de junior, sub-23, senior e veterano.

A primeira final da categoría absoluta sería a do C1 senior feminino, que sería a primeira de tódalas carreiras en realizarse. A carreira da canoa feminina tivo como vencedora a Jenifer Casal, da Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra, que entraría en meta un segundo por diante de Carla Sieiro da Escola Piragüismo Poio, elas dúas estarían moi por diante do resto de competidoras, xa que en terceira posición estaría Andrea Piñeiro, do Náutico Firrete, que entraría un minuto e medio despois.

O K1 feminino, que tería lugar no comezo da tanda de regatas da tarde, estaría liderado por Tania Fernández Garcia e Tania Álvarez Yates, compañeiras de K2 no maratón internacional. Despois duns 5000 metros paleando xuntas, o sprint final poñería a palista lucense do Kayak Tudense, Tania Fernández como campiona, un segundo por diante da meca Tania Álvarez, do Breogán do Grove. Os postos de podio os pecharía Leticia Piña, do Kayak Tudense, 46 segundos por detrás das Tanias.

O C1 masculino foi a penúltima carreira do campionato en disputarse, e tamén tivo como líderes aos dous compañeiros no C2 internacional e támen de clube, Diego Romero e Tono Campos, ambos do Breogán do Grove. O primeiro foi o vencedor con menos de dous segundos por diante do segundo. A terceira posición sería para Fernando Busto, do club As Torres – Romería Vikinga, de Catoira.

Finalizando a carreira, e como é habitual, unha regata moi interesante pola cantidade de palistas (76 inscritos) foi o K1 senior masculino, o cal unha vez cumplidos os dous primeiros kilómetros, estaría encabezado por un grupo de dez piragüistas, seguido doutros dous grupos de moitos integrantes. A victoria, a sprint final, foi para Miguel Fernández Castañón, do Fluvial O Barco, a menos de un segundo de Jaime Sobrado, do Piragüismo Olívico. Os dous seguintes en entrar en meta, Albert Martí e Iván Alonso, con motivo de problemas entre eles durante e despois da carreira, os dous palistas foron descualificados. O quinto en entrar en meta foi Iago Monteagudo, pero por unha penalización de tempo dende o comezo da carreira, o bronce sería para o sexto en entrar en meta, Junior Souta, do Kayak Tudense.