Selectivo Copa do Mundo Szeged – Verducido
Este fin de semana realizouse na presa de Pontillón do Castro (Verducido) o selectivo nacional para a Copa do Mundo que se celebrará en Szeged os próximos 25, 26 e 27 de Setembro.
A primeira final celebrada o venres sería o C2 masculino sobre 1000 metros, na que a embarcación que acadaría a praza sería a do pontevedres Adrián Sieiro, que tería como compañeiro ao sevillano Cayetano García, que sustituía ao habitual compañeiro de Sieiro, Sergio Vallejo, que non puido competir dada á lesión que está sufrindo. A seguinte final sería a do K1 feminino sobre 200 metros, que tivo como campiona a Sara Ouzande, piragüista asturiana do Kayak Tudense, que rexistrou un tempo de 43.037, Sara clasificaríase xunto a Lara Feijóo, que finalizou en segunda posición. A última final da xornada sería a do K1 masculino no 1000 metros, no que o toledano Paco Cubelos se imporía por case 4 segundos sobre o tomiñés Roi Rodríguez.

O sábado, foi unha xornada na que soplaba vento noreste, Cubelos volvería a repetir victoria co seu compañeiro de K2, o zumaiarra Íñigo Peña (subcampións do mundo en 2019), facendo un rexistro de 3:11.418 nos 1000 metros. No K1 sobre 200 metros, na que o K1 200 do Mundial 2019, Carlos Garrote, e ningún membro do K4 500 e subcampión do mundo (Saúl Craviotto, Carlos Arévalo, Marcus Cooper e Rodrigo Germade) non participaron, a victoria e clasificado para a Copa do Mundo nesta carreira sería Juán Oriyés. No C1 feminino na mesma distancia, a victoria sería para a madrileña María Corbera (47.629), que se clasificaría para Szeged xunto á pontevedresa Antía Jácome, que foi segunda cun tempo de 48.609. Na canoa masculina, tivo como vencedor ao medallista olímpico maiorquí, Sete Benavides.
A primeira final en realizarse hoxe sería o C1 masculino 1000, que tivo como gañador e clasificado para Szeged a David Barreiro. A segunda final sería a do C2 feminino sobre 500, que tería como vencedoras ás pontevedresas Antía Jácome e a Antía Otero. Tamén sobre 500 m., o K1 feminino tivo como vencedora á maiorquina Alicia Heredia. No K1 masculino, o tomiñés Roi Rodríguez sería o vencedor, ante o asturiano Pelayo Roza, unha victoría que tería tamén ante Roza no K2, no que acompañado por Albert Martí, Roi finalizaría a proba do K2 500 con 1:30.725. Na canoa individual feminina sobre 500, a vencedora sería a madrileña María Corbera, que se imporía ante a boirense Raquel Dacosta. No C2 500 masculino, os vencedores serían Sete Benavides e o seu compañeiro, tamén maiorquí, Toni Segura. Finalmente, no K2 500 feminino, as vencedoras e clasificadas serían a donostiarra Begoña Lazkano e a banyolesa Laia Pèlachs.